Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

13:22:38 Lunes 29 de noviembre 2021

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

28/05/2021

PEL - APROBACIÓN DEFINITIVA DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PEÓNS AO ABE

ANUNCIO

PEL - APROBACIÓN DEFINITIVA DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PEÓNS ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Integración Laboral, anualidade 2021 (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 28 DE MAIO DE 2021.

A Alcaldía ditou en data 28 de maio de 2021, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: PEL - APROBACIÓN DEFINITIVA DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PEÓNS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO MARCO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL, ANUALIDADE 2021 (PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021).

EXPTE.: 2021/E001/000002

Vista a acta e a relación de aprobados formulada polo Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral temporal de catro peóns, polo período estimado de duración do contrato de seis meses e dez días, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 15/04/2021 e publicada no taboleiro de anuncios do Concello nesa mesma data e a efectos meramente informativos no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Considerando o disposto na base 8ª da convocatoria e que a listaxe de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, basease na puntuación obtida por estes aspirantes no procedemento a cal figura a continuación:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

CASTRO SUÁREZ, MARTA

9,25

RODRÍGUEZ CABEZA, EDUARDO

6,00

LÓPEZ BOUZAS, SAMANTA

5,50

ALBORÉS ROMERO, AIDA

5,25

ARÉN GARCÍA, LUIS ROLANDO

5,00

ROMERO SAMBADE, JOSÉ MANUEL

4,50

Considerando que mediante decreto da Alcaldía de data 20/05/2021 acordouse, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Integración Laboral PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, a contratación dos catro peóns propostos polo tribunal e que xa se teñen formalizados os correspondentes contratos.

Visto o Decreto da Alcaldía de data 14/05/2021 no que, aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, se acepta e queda establecida a relacións de reservas.

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos polas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na base 9ª, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aprobar a seguinte listaxe e orde definitiva dos integrantes da bolsa de emprego:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

ARÉN GARCÍA, LUIS ROLANDO

5,00

ROMERO SAMBADE, JOSÉ MANUEL

4,50

Segundo: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: