Anuncio relación candidatos e convocatoria para participar no procedemento selección peóns PEL 2022
EXP: 2022/E001/000002
ANUNCIO
PEL – RELACIÓN de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e convocatoria PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NO MARCO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES ANUALIDADE 2022. (PEL-CONCELLOS-REACTIVA 2022).
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 22 DE MARZO DE 2022.
A Alcaldía ditou en data 22 de marzo de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: PEL - RELACIÓN DE CANDIDATOS REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA E CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO PEÓNS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NO MARCO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES ANUALIDADE 2022. (PEL-CONCELLOS-REACTIVA 2022).
EXPEDIENTE: 2022/E001/000002
Mediante decreto da Alcaldía de data 18/03/2022 foron aprobadas as bases e a convocatoria que rexerán a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de catro peóns polo período estimado de duración do contrato de catro meses, ao abeiro da subvención concedida pola deputación da Coruña no marco do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes PEL-CONCELLOS REACTIVA 2022, convocatoria que foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 18/03/2022.
Remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia (oferta de emprego núm. 12-2022-3174) a relación de candidatos para participar no proceso de selección de referencia para a contratación de catro peóns, de conformidade co disposto nas bases 6ª e 7ª da convocatoria é polo que en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,
ACORDO:
Primeiro.- Facer pública a seguinte relación de candidatos remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia (oferta de emprego núm. 12-2022-3174) para participar no proceso de selección de catro peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais 2022, ao abeiro da subvención concedida pola deputación da Coruña no marco do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes PEL-CONCELLOS REACTIVA 2022:
ANTELO BERMÚDEZ, BELINDA
BARBEIRA RODRIGUEZ, LILIANA
BLANCO RODRIGUEZ, JUAN BAUTISTA
BOUZAS CARRIL, MARIA DEL MONTE
CALZAS CAMPAÑA, JACINTO
CANOSA CASTRO, INES
CASTIÑEIRA CANOSA, ROSA
DE LEÓN LEMA, YANIRA
FIGUEIRAS PEREZ, JOSE
FUENTES SIMON, MARIA ÁNGELES
GONZALEZ PEREZ, RAMON
LEMA TAJES, MARTA
LEMA LEMA, MARIA
LOPEZ BERMUDEZ, MANUEL ANGEL
LOPEZ PASANTES, RAMON
LOPEZ BARCIA, MARIA SOLEDAD
LOPEZ BARCIA, MARIA BARCA
LUACES BOUZAS, MANUEL
MARTINEZ CARRIL, ROSA MARIA
MARTÍNEZ ARJOMIL, JOSE ANTONIO
MOSQUERA BOUZAS, JOSE JUAN
MOUZO MENDEZ, MARIA PURIFICAC
MOUZO MOUZO, MODESTO
MOUZO CARRACEDO, JUAN JOSE
PASANTES CARRIL, MARIA CRISTINA
PASANTES CARRIL, JUAN CARLOS
POSE CARRACEDO, JOSE
POUSO CANOSA, JOSE MANUEL
PRADO SOUTO, JOSE MANUEL
REVILLA RAMOS, MARIA ESTRELLA
REY MOUZO, MARIA CARMEN
REY MOUZO, MANUEL
SILVA RODRIGUEZ, JESUS
SOTO AMEAL, SONIA
SUAREZ SANCHEZ, JOSE
SÁNCHEZ MOUZO, SOFÍA EMERITA
TAJES MOUZO, ESTEFANÍA
VIDAL LOPEZ, MARIA CARMEN
VIDAL COTON, MARIA JOSEFA
VILELA PEREIRA, SERGIO
Segundo.- Os candidatos que figuran na relación remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia (oferta de emprego núm. 12-2022-3174), dispoñen do prazo dun (1) día hábil, contado a partir da publicación do presente decreto no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Camariñas, para que presenten a súa solicitude de participación no proceso de selección. A solicitude de participación presentarase no modelo normalizado que figura como anexo I nas bases da convocatoria, e virá acompañada da documentación establecida na base 7ª da convocatoria.
Terceiro.- Que o Tribunal cualificador, de conformidade co disposto na base 9ª da convocatoria, se reúna para a súa constitución e para a valoración de méritos alegados (fase de concurso) o día 24 de marzo de 2022, ás 9:00 horas, na Casa do Concello de Camariñas.
Cuarto.- Convocar aos candidatos que presentaron solicitude para o próximo día 24 de marzo de 2022, ás 10:00 horas, no Almacén Municipal, sito en lg. Cruceiro, núm. 12 de Xaviña (ao lado do establecemento comercial Euronics), para a realización, de conformidade co disposto na base 9ª da convocatoria, do exercicio da fase de oposición, proba práctica.
Os aspirantes deberán acudir á proba na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo os casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Será obrigatorio o uso de máscaras segundo o recollido na Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “T”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2022, (DOG nº 24, de data 4 de febreiro de 2022).
As cualificacións do exercicio faranse públicas o mesmo día en que se acorden e serán expostas no Taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica.
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Camariñas e, a título meramente informativo, na páxina web municipal.
Sexto: Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.