Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

22:51:21 Domingo 3 de julio 2022

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

05/05/2022

ANUNCIO DE LISTAXE DEFINITIVA E DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR

EXP: 2022/E001/000001

ANUNCIO

APROBACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS e designación de membros do tribunal cualificador NO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A PROVISIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE ARQUITECTO/A DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 5 DE MAIO DE 2022.

EXPTE.: 2022/E001/000001

A Alcaldía ditou en data 5 de maio de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR NO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A PROVISIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE ARQUITECTO/A DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.

EXPTE.: 2022/E001/000001

Considerando que ten rematado o prazo de presentación de instancias para participar no proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante concurso-oposición, dun funcionario/a interino/a, para a praza de arquitecto/a do Concello de Camariñas, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 24/03/2022 e publicadas no BOP núm. 60 do 29/03/2022.

Considerando que todos os aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren cos requisitos establecidos na base 2ª que rexe a convocatoria; esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente e de conformidade co disposto na Base 5ª e 6ª da convocatoria,

ACORDA:

Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante concurso-oposición, dun funcionario/a interino/a, para a praza de arquitecto/a do Concello de Camariñas:

Admitidos/as definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

LUEIRO GARCÍA, MARÍA

***7719**

2

SILVA SEOANE, CAYETANA

***1622**

3

REGUERA SEOANE, MIGUEL

***1889**

4

SASTRE OTERO, MARTÍN

***8966**

5

RODRÍGUEZ VAAMONDE, Mª DEL MAR

***0265**

6

COUCEIRO LÓPEZ, XOSÉ MANUEL

***2750**

7

MAGDALENA NOGUEIRA, JOSÉ

***5988**

8

CAAMAÑO MARTÍNEZ, CRISTINA

***1065**

9

RIVAS NEGREIRA, VICENTE

***4063**

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Segundo.- Designar aos membros do tribunal, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidenta: Dª Carmen Ruíz Alarcón, Arquitecta da Deputación Provincial.

Suplente de Presidenta: D. Daniel Beiras García Sabell, Arquitecto da Deputación Provincial.

Vogais:

Dª Lourdes Castro Pena, Secretaria do Concello de Camariñas.

Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas.

Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica de Xestión Económica do Concello de Camariñas.

 Vogais Suplentes:

Dª Rocio Hermida Cancela, Secretaria do Concello de Cee.

Dª Rosa Fernández Canosa, Interventora do Concello de Cee.

Secretaria: Dª Mª Dolores Rey Bértola, funcionaria do Concello de Camariñas.

Secretario suplente: D. Emilio José González Ramos, ADL do Concello de Camariñas.

Terceiro: Que o Tribunal se reúna para a súa constitución o día 1 de xuño de 2022, ás 9:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Cuarto: Convocar aos aspirantes admitidos/as definitivamente para a realización das probas da fase de oposición as que fai referencia a Base 8ª da convocatoria nos días, horarios e lugar que seguidamente se indica:

  • Aspirantes admitidos/as, día 1 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello (praza de Insuela, núm. 57 - Camariñas), para a realización da 1ª proba (de carácter eliminatorio), cuestionario tipo test da fase de oposición.
  • Aspirantes admitidos/as que superaron a proba anterior, día 15 de xuño de 2022, ás 10:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello (praza de Insuela, núm. 57 - Camariñas), para a realización da 2ª proba (de carácter eliminatorio), suposto práctico da fase de oposición.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A actuación dos aspirantes, no suposto de que o tribunal solicite a lectura do segundo exercicio, levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “T”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2022, (DOG nº 24, de data 4 de febreiro de 2022).

Advertir que cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración dos exercicios na mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración de cada un deles. De non ser posible e/ou así acordalo o tribunal se celebrarán na xornada seguinte ou seguintes, deixando transcorrer neste caso un prazo/tempo mínimo de 24 horas entre cada exercicio.

Concluído cada un dos exercicios da oposición, o tribunal fará pública a relación de aspirantes que os superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos nesta relación terán a consideración de “non aptos”.

Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose nesta a data de publicación no taboleiro de anuncios).

Sexto: Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial


Justificantes de Publicación: