Sede electrónica Concello de Camariñas

15:38:22 Domingo 14 de agosto 2022

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

30/06/2022

DESIGNACIÓN MEMBROS TRIBUNAL SELECCIÓN DOCE PEÓNS PARA TRABALLOS DE LIMPEZA DE PRAIAS

EXP: 2022/E001/000009

ANUNCIO

DESIGNACIÓN MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOCE PEÓNS PARA A LIMPEZA DAS PRAIAS MARÍTIMAS E CONVOCATORIA DAS PROBAS SELECTIVAS. MA100

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 30 DE XUÑO DE 2022.

A Alcaldía ditou en data 30 de xuño de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:

“De conformidade co disposto na Base 6ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal de doce peóns ao abeiro da subvención convocada pola Deputación Provincial de A Coruña, Programa de subvencións para limpeza de praias marítimas dirixido aos Concellos da Provincia, durante o exercicio 2022, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. nº 56, de data 23 de marzo de 2022, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía núm. 592/2022 de data 28/06/2022 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 29/06/200, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do tribunal, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidente: D. Manuel Castiñeira Santos, persoal laboral do Concello.

Suplente do Presidente: D. Luís Carreira Martínez, funcionario do Concello. 

Vogais:

D. José María Villar Trillo, persoal laboral do Concello.

D. José Manuel Tedín Tedín, persoal laboral do Concello.

D. Jesús Manuel Lemus Mouzo, persoal laboral do Concello.

Vogais Suplentes:

D. Álvaro Pais Lago, persoal laboral do Concello.

D. José Manuel Lema Andrade, persoal laboral do Concello.

D. Manuel Silva Canosa, persoal laboral do Concello.

Secretario: D. Juan José Canosa Canosa, persoal laboral do Concello.

Secretaria suplente: Mª Mercedes Búa Barrientos, persoal laboral do Concello.

Segundo.- Publicar o presente decreto no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Terceiro.- Dar traslado do presente decreto aos membros do tribunal.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: