Sede electrónica Concello de Camariñas

14:37:54 Domingo 14 de agosto 2022
Estás en:

Información

Os veciños que asisten á sesión formativa sobre a sede electrónica do concello de Camariñas destacan a súa utilidade

12/07/2019

9 veciños e veciñas de Camariñas recibiron, o pasado mércores 10, a formación que lles permitirá empregar a sede electrónica para facer todas as xestións que lles facilita esta ferramenta.

Na enquisa de opinión sobre a sede que cubriron ao remate da xornada, todas elas apuntaron que lles parece un recurso moi útil e que a pensan empregalo nos seus trámites ante o concello.

As persoas asistentes recibiron formación sobre os mecanismos de identificación e a tramitación na sede. Impartiu a formación a axente do proxecto PEL-Concello Dixital, a quen algunas das persoas asistentes lle manifestaron o seu interese en recibir no futuro formación noutros procedementos da administración dixital, como a solicitude de subvencións por parte das asociacións.

Formación Sede Electrónica Formación Sede Electrónica