Sede electrónica Concello de Camariñas

14:42:06 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

O procedemento de "autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento" regula a concesión, por parte do Concello, do permiso necesario para realizar as acometidas oportunas, e dar inicio ao abastecemento de auga e saneamento.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar autorización para a realización de acometidas e o inicio do abastecemento de auga e saneamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
  • DNI ou CIF do titular.
  • Escritura de propiedade / Contrato de arrendamento. Documento acreditativo do dereito a ocupar o inmoble para o cal se solicita o abastecemento.
  • Licenza de actividade ou apertura (no caso de que sea necesario). Copia da licenza de actividade ou apertura, acreditativa da actividade exercida, no caso de abastecementos solicitados para locais que así o requiran.
  • Xustificante de pago das taxas segundo as ordenanzas vixentes.

Nome: Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Unidade tramitadora:
Servizo de augas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Art. 43 da Lei 30/1992.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición e Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.