Anuncio do resultado final do procedemento de selección de dous oficiais do Servizo de Augas
EXP: 2024/E001/000004
ANUNCIO
RESULTADO FINAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E PROPOSTA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL FIXO, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE DOUS OFICIAIS DO SERVIZO DE AUGAS (CONTRATO A TEMPO COMPLETO) E ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO ARTIGO 15.2 E 15.3 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES (TRET).
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 24 DE XULLO DE 2024.
EXPTE.: 2024/E001/000004
resultado FINAL DO PROCEDEMENTO
O tribunal cualificador das probas de selección para a contratación laboral fixo, mediante oposición, de dous oficiais do Servizo de Augas (contrato a tempo completo) e a elaboración dunha bolsa de emprego do artigo 15.2 e 15.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (TRET), cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 10/05/2024, fai público para xeral coñecemento o resultado final do procedemento.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.