Sede electrónica Concello de Camariñas

21:52:34 Venres 2 de decembro 2022

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

30/06/2022

APROBACIÓN BOLSA EMPREGO E PROPOSTA NOMEAMENTO TÉCNICAS OFICINA TURISMO

EXP: 2022/E001/000003

ANUNCIO

APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO E PROPOSTA DE NOMEAMENTO DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS PARA A OFICINA DE TURISMO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN DO ANUNCIO NO BOP: 30 DE XUÑO DE 2022

A Alcaldía ditou, en data 23 de xuño de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO E PROPOSTA DE NOMEAMENTO DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS PARA A OFICINA DE TURISMO DE CAMARIÑAS.

EXPEDIENTE: 2022/E001/000003

Por Decreto da Alcaldía de data 22 de abril de 2022 acordouse aprobar as bases para a contratación e formación de bolsa, mediante oposición, de dous técnicos a tempo completo para o Programa de oficina de turismo de Camariñas, anualidade 2022, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa (DP0029): programa de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de gasto de persoal das oficinas de turismo, ano 2022, sendo a modalidade do contrato funcionario interino por programas.

O anuncio das ditas bases e a convocatoria das probas selectivas foi publicado no BOP núm. 79, do 27/04/2022.

Constan no expediente dúas actas do tribunal cualificador das probas selectivas. Na última analízanse as dúas impugnacións presentadas por dous aspirantes logo de ter rematadas as probas selectivas e publicado o anuncio do resultado final do procedemento de selección no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, segundo se recolle a continuación:

1.- Argires Mouzo Ramos presenta unha alegación solicitando a revisión da cualificación do exame práctico. Tendo en conta que a cuestión formulada nese no exame foi: “A continuación desenvolverase o programa para un grupo de León, formado por 60 persoas xubiladas, que veñen a Camariñas despois de pasar a noite en Santiago. Este grupo quere visitar o máis importante de Camariñas antes de marchar para Muxía, onde teñen reservada a comida para as 15:00”, o tribunal cualificador do proceso de selección, en resposta ás alegacións do interesado, despois da pertinente deliberación, sinala:

- No exame pedíase ás persoas candidatas que desenvolveran un programa para visitar o máis importante de Camariñas, polo que non sería materia de dito programa a recepción do grupo na oficina de información turística nin o seu acompañamento durante o desprazamento polo concello de Camariñas.

- Sendo un dos condicionantes da visita a limitación horaria para levala a cabo, era importante concretar a hora de chegada ao destino turístico (Camariñas), algo que fixo a maioría das persoas candidatas. Non debe confundirse esta hora coa de chegada a cada recurso turístico, cos tempos de desprazamento entre estes e coa necesidade de descanso, aspectos que foron sinalados tamén por outras persoas.

- En canto aos recursos turísticos propostos para visitar, o interesado propón visitar o interior do pazo de Tasaraño. Sen embargo este pazo non está aberto ao público, polo que non se pode incluír no programa da visita. É polo tanto un erro moi grave seleccionalo como unha das visitas importantes do municipio.

- A proba desenvolta polo interesado destaca pola súa capacidade de síntese. Tal como sinalan as bases, o tribunal tivo en conta este aspecto na cualificación do exame de todas as persoas candidatas.

Por todo o anterior, o Tribunal acorda, por unanimidade das persoas que o integran, desestimar a alegación presentada por Argires Mouzo Ramos e comunicarllo ao interesado.

2.- Gutier Martínez Prado presenta unha alegación solicitando:

- Que se outorgue un prazo para presentar alegacións ante preguntas que o opositor poida considerar incorrectas, ben pola formulación da pregunta, ben por a incorrección nas respostas ou outros motivos.

- A publicación das preguntas do exame tipo test así como as respostas correctas para levar a cabo as conseguintes alegacións no caso de consideralas oportunas.

- En referencia o exame práctico solicitar as notas establecidas nas bases “O tribunal valorará neste exercicio a formación xeral, os coñecementos específicos sobre a materia, a claridade e orde das ideas e capacidade de síntese” que levan a obter a nota publicada a día 16/06/2022 e na cal só se reflexa a nota final, tamén solicito a publicación da pregunta deste exercicio para presentar posibles alegacións.

O tribunal cualificador do proceso de selección, en resposta ás alegacións do interesado, despois da pertinente deliberación, acorda comunicarlle a Gutier Martínez Prado:

- Nas bases décima da convocatoria, no apartado IMPUGNACIÓNS, se sinala que “Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes de revisión de exame que poidan presentarse polos aspirantes serán consideradas como solicitudes de acceso ao expediente ao abeiro do previsto nos artigos 13.d) e 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sendo a única obriga para o Tribunal de Selección a de expoñer os criterios técnicos xerais que se tiveron en conta para a obtención da puntuación.

A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante.”

- Que o día 21/06/2022 publicáronse na Sede Electrónica do Concello de Camariñas as solución do exame tipo test, así como a proba práctica do proceso selectivo para a contratación e formación de bolsa de dous/dúas técnicos/as para a oficina de turismo de Camariñas.

Vista a acta do proceso de oposición e a listaxe de aprobados formulada polo Tribunal Cualificador do proceso de selección para a contratación e formación de bolsa, mediante oposición, de dous técnicos a tempo completo para o Programa de oficina de turismo de Camariñas, anualidade 2022.

Considerando que a listaxe de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, basease na puntuación obtida por estes aspirantes no procedemento a cal figura a continuación:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

MOUZO PASANTES, ROSA MARÍA

18,5

CARRIL REY, PAULA

16,3

MOUZO RAMOS, ARGIRES

15,6

MARTÍNEZ PRADO, GUTIER

13,6

ANDRADE FRAGA, MARÍA INÉS

13,1

FERNÁNDEZ GARRIDO, Mª JESÚS

12,1

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos polas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na base 8ª, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador para a contratación e formación de bolsa de emprego, de dous técnicos para o Programa de oficina de turismo de Camariñas.

Segundo: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, aprobase a seguinte listaxe de aprobados formulada polo tribunal cualificador e queda establecida a bolsa de emprego para a contratación de dous técnicos a tempo completo para o Programa de oficina de turismo de Camariñas, na orde de chamamento segundo a puntuación final obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

MOUZO PASANTES, ROSA MARÍA

18,5

CARRIL REY, PAULA

16,3

MOUZO RAMOS, ARGIRES

15,6

MARTÍNEZ PRADO, GUTIER

13,6

ANDRADE FRAGA, MARÍA INÉS

13,1

FERNÁNDEZ GARRIDO, Mª JESÚS

12,1

Terceiro: Propoñer o nomeamento como funcionarios interinos das aspirantes que a continuación se indican, segundo a orde de prelación na que figuran na bolsa de emprego aprobada no apartado anterior (primeiro e segundo lugar da bolsa):

1º chamamento: Dª. Rosa María Mouzo Pasantes, técnico de turismo cunha duración de 5 meses.

2º chamamento: Dª Paula Carril Rey, técnica de turismo cunha duración de 3 meses.

Cuarto: Requirir ás aspirantes propostas, Dª. Rosa María Mouzo Pasantes e Dª Paula Carril Rey, para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación do presente acordo, procedan a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose nesta a data de publicación no taboleiro de anuncios)”.

Camariñas, 30 de xuño de 2022

A ALCALDESA,

Asdo.: Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: