Sede electrónica Concello de Camariñas

19:48:21 Venres 2 de decembro 2022

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

29/09/2022

BOLS- PRORROGA CONTRATACIÓN OPERARIO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA

EXP: 2022/X999/000210

ANUNCIO

BOSL – PRORROGA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL BAIXO A MODALIDADE CONTRACTUAL DE SUBSTITUCIÓN, ART. 15 C) DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES, DE D. FLORINDO LEMA MARTÍNEZ, COMO OPERARIO DO SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA VIARIA EN SUBSTITUCIÓN DE M.C.C.L.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 29 DE SETEMBRO DE 2022.

A Alcaldía ditou en data 29 de setembro de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: BOSL – PRORROGA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL BAIXO A MODALIDADE CONTRACTUAL DE SUBSTITUCIÓN, ART. 15 C) DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES, DE D. FLORINDO LEMA MARTÍNEZ, COMO OPERARIO DO SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA VIARIA EN SUBSTITUCIÓN DE M.C.C.L.

EXPEDIENTE: 2022/X999/000210

Considerando que no servizo de limpeza viaria do Concello de Camariñas estábase a producir unha situación de insuficiencia de persoal, dado que unha das traballadoras adscrita ao servizo encontrase en situación de baixa médica por incapacidade temporal.

Considerando que o servizo de limpeza viaria é un servizo de carácter esencial que non pode deixar de prestarse en ningún momento, debendo manterse sempre na súa prestación uns stándares mínimos de calidade e eficacia e que o mesmo non se pode/debe ver afectado polas ausencias/insuficiencias do persoal adscrito ao servizo, servizo este, ademais, que é prestado en réxime de xestión directa polo Concello.

Considerando que o art. 15.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, establece que: “Poderán celebrarse contratos de duración determinada nos seguintes supostos: …/ c)   Cando se trate de substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no contrato de traballo especifíquese o nome do substituído e a causa de substitución”.

Visto que en virtude do anterior procedeuse a formalizar o oportuno contrato de traballo con D. Florindo Lema Martínez, ao amparo do artigo anteriormente citado, sendo a traballadora substituída M.C.C.L., e a causa da substitución a situación de baixa médica desta.

Visto que mediante decreto da Alcaldía de data 6/06/2022 acordouse contratar, en réxime de contratación laboral temporal baixo a modalidade contractual de substitución, art. 15 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a D. FLORINDO LEMA MARTÍNEZ como operario de limpeza viaria para a substitución de m.c.c.l. durante o período que dure a baixa médica desta traballadora e como máximo ata o 30/09/2022, sendo, pois, a causa da substitución a baixa médica da citada traballadora.

Visto que a situación da traballadora sustituida segue sendo a de baixa médica.

Á vista, pois, do exposto e que pola intervención municipal se ten emitido o preceptivo certificado de existencia de crédito é polo que en uso das facultades que me confire o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Prorrogar o contrato formalizado con D. FLORINDO LEMA MARTÍNEZ como operario de limpeza viaria hasta a incorporación de m.c.c.l.

Segundo: Notificar o presente acordo ao interesado.

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública.”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: