CONTRATACION LABORAL TEMPORAL AO ABEIRO DA BOLSA DE TRABALLO DE EVARISTO LEMA NOVOA PARA SUSTITUCION
EXP: 2023/X999/000102
ANUNCIO
BOSL – CONTRATACIÓN DUN OPERARIO DO SERVIZO DE LIMPEZA AO ABEIRO DA BOLSA DE TRABALLO APROBADA POR DECRETO DA ALCALDÍA DE DATA 25/06/2020 PARA A SUBSTITUCIÓN DE J.M.P.A.
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 13 DE ABRIL DE 2023.
A Alcaldía ditou en data 12 de abril de 2023, o decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: BOSL - CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL BAIXO A MODALIDADE CONTRACTUAL DE SUBSTITUCIÓN, ART. 15 C) DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES, DE D. EVARISTO LEMA NOVOA, COMO OPERARIO DO SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA VIARIA EN SUBSTITUCIÓN DE j.m.a.p.
EXPEDIENTE: 2023/X999/000102
Considerando que no servizo de limpeza viaria do Concello de Camariñas estase a producir neste momento unha situación de insuficiencia de persoal dado que un dos traballadores adscrito ao servizo se encontra neste momento en situación de baixa médica por incapacidade temporal.
Considerando que o servizo de limpeza viaria é un servizo de carácter esencial que non pode deixar de prestarse en ningún momento, debendo manterse sempre na súa prestación uns stándares mínimos de calidade e eficacia e que o mesmo non se pode/debe ver afectado polas ausencias/insuficiencias do persoal adscrito ao servizo, servizo este, ademais, que é prestado en réxime de xestión directa polo Concello.
Considerando que a contratación dun traballador/a contribuirá a unha mellor e correcta prestación deste servizo esencial.
Considerando que o art. 15.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, establece que: “Poderán celebrarse contratos de duración determinada nos seguintes supostos: …/ c) Cando se trate de substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no contrato de traballo especifíquese o nome do substituído e a causa de substitución”.
Considerado, pois, que procede formalizar o oportuno contrato de traballo ao amparo do artigo anteriormente citado, sendo o traballador substituído J.M.A.P. e a causa da substitución a situación de baixa médica por incapacidade temporal deste.
Considerando que mediante Decreto da Alcaldía de data 25/06/2020 aprobouse a creación dunha bolsa de traballo que permite cubrir de acordo coas necesidades do servizo, mediante a contratación laboral temporal que en cada caso corresponda, os postos de operario do servizo municipal de limpeza viaria (grupo de programa 163 do anexo de persoal laboral fixo e temporal do Orzamento do Concello) con motivo de vacacións, licenzas, permisos, situacións de incapacidade temporal, ou calquera outra situación de insuficiencia de persoal que determinen a necesidade da utilización desta bolsa de conformidade co previsto no Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto de Empregado Público e demais normativa aplicable.
Vista a relación de persoal da bolsa de traballo aprobada por Decreto da Alcaldía de data 25/06/2020 para a contratación laboral temporal de operarios do servizo de limpeza, na que figura en primeiro lugar D. Florindo Lema Martínez e en segundo lugar D. Evaristo Lema Novoa.
Considerando que postos en contacto con D. Florindo Lema Martínez, candidato que figura en primeiro lugar da bolsa de traballo, este manifesta que na actualidade está traballando como autónomo e ten moita carga de traballo contratada, polo que neste momento non pode aceptar a oferta de traballo.
Visto, pois, que de conformidade coa base 10ª e 11ª procede formalizar o correspondente contrato de traballo con D. Evaristo Lema Novoa, candidato que figura en segundo lugar na bolsa de traballo.
Considerando que postos en contacto con D. Evaristo Lema Novoa, candidato que figura en segundo lugar da bolsa de traballo, este aceptou a oferta de traballo, polo que lle corresponde a este candidato facer esta substitución todo elo de conformidade co establecido na base 11ª reguladoras da creación da bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios do servizo de limpeza.
Visto que o aspirante ao que hai que contratar procedeu, sen previo requirimento da Administración, a presentación da documentación a que se refire a base 11ª reguladoras da creación da bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios do servizo de limpeza.
Visto pois que dita documentación pode/debe ser examinada neste momento por un principio de economía procedimental, tendo en conta ademais o principio de celeridade que debe de rexer os procedementos, máxime neste caso vista a urxencia da contratación para cubrir o posto do traballador que está de baixa médica.
Á vista, pois, do exposto e que pola intervención municipal se ten emitido o preceptivo certificado de existencia de crédito é polo que en uso das facultades que me confire o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Contratar, en réxime de contratación laboral temporal baixo a modalidade contractual de substitución, art. 15 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, a D. EVARISTO LEMA NOVOA como operario de limpeza viaria para a substitución de J.M.A.P. durante o período que dure a baixa médica deste traballador, sendo, pois, a causa da substitución a baixa médica do citado traballador.
Segundo: A duración do devandito contrato, de conformidade co art. 8 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, será desde o día 13 de abril de 2023 ata a incorporación de J.M.A.P. ao seu posto de traballo e como máximo ata o 31/12/2023.
O traballador deberá de prestar os seus servizos nos días e horarios que sexan establecidos por esta Alcaldía.
Terceiro: As retribucións a percibir polo traballador serán as mesmas que lle corresponden ao traballador substituído.
Cuarto: Notificar o presente acordo ao interesado e que se lle cite para que proceda á sinatura do correspondente contrato.
Quinto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.