APROL - APROBACIÓN DE MODIFICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA
EXP: 2023/E001/000004
CONCELLO DE CAMARIÑAS
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 24 DE MAIO DE 2023
Fanse públicas as BASES MODIFICADADAS PARA A contratación laboral temporal DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN DO MONTE, ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023, código de procedemento TR351G (DOG núm. 22, do 01/02/2023), cuxas bases que foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 16 de maio de 2023, modificadas por decreto da Alcaldía de data 24/05/2023 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello en data 24 maio de 2023.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.