Sede electrónica Concello de Camariñas

00:09:32 Venres 9 de xuño 2023

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

25/05/2023

REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN PERSOAL LABORAL FIXO 6 PRAZAS DE AUXILIAR SAF

EXP: 2022/E001/000012

ANUNCIO

ACEPTACIÓN PROPOSTA DE CONTRATACIÓN 6 PRAZAS AUXILIAR DOMESTICA (AXUDA NO FOGAR), GRUPO V, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022

EXPTE.: 2022/E001/000012

 

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE MAIO DE 2023

 

A Alcaldía ditou en data 24 de maio de 2023, o decreto que a continuación se transcribe:

 

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: ACEPTACIÓN PROPOSTA DE CONTRATACIÓN 6 PRAZAS AUXILIAR DOMESTICA (AXUDA NO FOGAR), GRUPO V, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022

EXPTE.: 2022/E001/000012

Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, para a contratación laboral fixo de 6 prazas de auxiliar domestica (código RPT 5109) para o Concello de Camariñas.

Considerando que a proposta de contratación que fai o tribunal de seis persoas para auxiliar domestica (axuda no fogar) que seguidamente se indica, basease na puntuación obtida por este aspirante no procedemento, a cal figura a continuación:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

CELGA

PEREZ PILOTO, OLGA MARÍA

100,00

SI

MIRANDA RAMA, JULIA

100,00

SI

SANCHEZ MOUZO, CARMEN MARGARITA

100,00

SI

DOMINGUEZ MARINO, PATRICIA

100,00

SI

MARCOTE PERÉZ, Mª PILAR

100,00

SI

DE LA FUENTE MARCOTE, MERCEDES

100,00

SI

Visto que a acta do Tribunal permaneceu exposta ao público durante dez días hábiles, de acordo co establecido na base novena das bases xerais, e non se presentaron alegacións nin reclamacións.

Considerando que dita proposta se axusta ao preceptuado polas bases da convocatoria, é polo que de conformidade co establecido na base décima da convocatoria que rexe o procedemento de selección e en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de seis auxiliares domesticas (axuda no fogar) como persoal laboral fixo (código RPT 5109):

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA

1

PEREZ PILOTO, OLGA MARÍA

***0612**

SI

2

MIRANDA RAMA, JULIA

***3310**

SI

3

SANCHEZ MOUZO, CARMEN MARGARITA

***3846**

SI

4

DOMINGUEZ MARINO, PATRICIA

***2521**

SI

5

MARCOTE PERÉZ, Mª PILAR

***5677**

SI

6

DE LA FUENTE MARCOTE, MERCEDES

***1111**

SI

Segundo: Requirir aos aspirantes propostos para a contratación para que no prazo de vinte dias naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación do presente acordo, no que se contén a relación de aprobados, presenten a documentación a que se refire a base décima da convocatoria. En concreto a documentación a presentar e a seguinte:

a) Documento nacional de identidade mediante copia compulsada.

b) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

c) Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal, ou de ser o caso, xustificación de non estar afiliado.

d) Documento acreditativo de conta bancaria.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os e as aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado como funcionario de carreira ou como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

 

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.

 


Xustificantes de Publicación: