REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN PERSOAL LABORAL FIXO 1 PRAZA DE PEÓN DO LIXO
EXP: 2022/E001/000017
ANUNCIO
ACEPTACIÓN PROPOSTA DE CONTRATACIÓN 1 PRAZA PEON CAMIÓN DO LIXO, GRUPO V, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022
EXPTE.: 2022/E001/000017
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 25 DE MAIO DE 2023
A Alcaldía ditou en data 24 de maio de 2023, o decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: ACEPTACIÓN PROPOSTA DE CONTRATACIÓN 1 PRAZA PEON CAMIÓN DO LIXO, GRUPO V, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022
EXPTE.: 2022/E001/000017
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, para a contratación laboral fixo de unha praza de peón camión do lixo para o Concello de Camariñas.
Considerando que a proposta de contratación que fai o tribunal de unha persoa para peón camión do lixo que seguidamente se indica, basease na puntuación obtida por este aspirante no procedemento, a cal figura a continuación:
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
CELGA |
SILVA CANOSA, MANUEL |
100,00 |
SI |
Visto que a acta do Tribunal permaneceu exposta ao público durante dez días hábiles, de acordo co establecido na base novena das bases xerais, e non se presentaron alegacións nin reclamacións.
Considerando que dita proposta se axusta ao preceptuado polas bases da convocatoria, é polo que de conformidade co establecido na base décima da convocatoria que rexe o procedemento de selección e en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de un peón camión do lixo como persoal laboral fixo:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
CELGA |
1 |
SILVA CANOSA, MANUEL |
***1803** |
SI |
Segundo: Requirir aos aspirantes propostos para a contratación para que no prazo de vinte dias naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación do presente acordo, no que se contén a relación de aprobados, presenten a documentación a que se refire a base décima da convocatoria. En concreto a documentación a presentar e a seguinte:
a) Documento nacional de identidade mediante copia compulsada.
b) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c) Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal, ou de ser o caso, xustificación de non estar afiliado.
d) Documento acreditativo de conta bancaria.
Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os e as aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado como funcionario de carreira ou como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.
Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública.”
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.