APROL - RELACIÓN DE CANDIDATOS REMITIDA POLO SPEG E APERTURA DO PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
EXP: 2023/E001/000004
ANUNCIO
ASUNTO: PUBLICACIÓN DA listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e apertura do prazo de presentación de solicitudes.
ExpTE.: aprol - contratación laboral temporal DUN/DUNHA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACION PREVENTIVA E VALORIZACIÓN DO MONTE, ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural) 2023.
ExpTE. TEDEC: 2023/E001/000004
ExpTE. solicitude da axuda: 2023/A008/000010
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 26 DE MAIO DE 2023.
listaxe de candidatos REMITIDA POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA
(Oferta de emprego núm. 12-2023-5804)
Candidatos |
ANEIROS PARDO, JULIO |
ARNAIZ ÁLVAREZ, ALVARO |
BUSTELO CAMPOS, ALEJANDRO |
CABALEIRO PASTORIZA, JOSÉ ÁNGEL |
GARCÍA RODRÍGUEZ, MARCOS |
VILLAR MOSQUERA, EVA MARÍA |
De conformidade co disposto na Base 4ª da convocatoria para a contratación dun/dunha técnico/a responsable do servizo de planificación preventiva e valorización do monte ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural 2023 (DOG núm. 2, do 1/02/2023), expte.: TR351G 2023/000039-1, unha vez remitida pola Oficina Pública de Emprego a listaxe de candidatos (Oferta de emprego núm. 12-2023-5804), esta faise pública, dispoñendo as persoas interesadas incluídas na mesma de DOUS días hábiles, a contar desde a publIcación do presente anuncio no taboleiro de anuncios do concello, para presentar a súa solicitude de participación no proceso de selección.
As solicitudes de participación presentaranse, no modelo oficial que figura como anexo I nas bases da convocatoria, dirixidas á sra. Alcaldesa-Presidenta, e virá acompañada da documentación establecida na base 4ª da convocatoria.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.