Sede electrónica Concello de Camariñas

12:19:32 Xoves 7 de decembro 2023

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

02/06/2023

APROL -ACEPTACIÓN PROPOSTA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA TÉCNICOA RESPONSABLE

EXP: 2023/E001/000004

ANUNCIO

APROL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACIÓN PREVENTIVA E VALORIZACIÓN DO MONTE AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (TR351G-APROL RURAL).

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2 DE XUÑO DE 2023

A Alcaldía ditou en data 1 de xuño de 2023, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PLANIFICACIÓN PREVENTIVA E VALORIZACIÓN DO MONTE AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (TR351G-APROL RURAL).

EXPEDIENTE: 2023/E001/000004

Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, dun/dunha técnico/a responsable do servizo de planificación preventiva e valorización do monte ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2023.

Considerando que a proposta de contratación do técnico/a responsable que fai o tribunal baséase na puntuación final obtida polos aspirantes, sendo o proposto o primeiro/a aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

1

VILLAR MOSQUERA, EVA MARÍA

1,50

2

GARCÍA RODRÍGUEZ, MARCOS

1,00

3

ANEIROS PARDO, JULIO JOSÉ

0,92

Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a correspondente listaxe por orde decrecente de puntuación totais/finais do/s aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e  que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo, aos efectos da creación dunha bolsa de emprego.

Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de Dª. Eva Mª Villar Mosquera para o posto de técnico/a responsable do servizo de planificación preventiva e valorización do monte.

Segundo: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: