RISGA - RESULTADO FINAL DO CONCURSO E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DE PEÓN RISGA 2023
EXP: 2023/E001/000006
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
ASUNTO: RESULTADO FINAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E PROPOSTA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UN/UNHA PEÓN/PEOA (RISGA 2023)
EXPTE.: risga - PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E PROPOSTA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DE UN/UNHA PEÓN/PEOA AO ABEIRO DA ORDE DO 9 DE XANEIRO DE 2023 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES LOCAIS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PERCEPTORAS DO RISGA 2023.
EXPTE. TEDEC: 2023/E001/000006
EXPTE. solicitude da axuda: 2023/A008/000011
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 6 DE XUÑO DE 2023.
Faise público o resultado final do concurso e proposta de contratación no procedemento de selección para a contratación laboral temporal DUN/DUNHA PEÓN/PEOA, ao abeiro da subvención convocada pola Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023, código de procedemento TR351F (DOG núm. 22, do 01/02/2023), cuxas bases foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 16 de maio de 2023 e publicadas no taboleiros de anuncios do Concello en data 18 maio de 2023.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.