Sede electrónica Concello de Camariñas

10:18:43 Xoves 7 de decembro 2023

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

23/08/2023

Bases para candidaturas participación mocidade inscrita en GX no programa XUVENTUDE CON TALENTO 2023

EXP: 2023/A002/000005

ESTRATO DA CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE CANDIDATOS/AS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NON LABORAIS A TRAVÉS DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING: XUVENTUDE CON TALENTO 2023 DOS CONCELLOS DE CAMARIÑAS, MUXÍA E VIMIANZO.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS CONCELLO DE CAMARIÑAS: 23 DE AGOSTO DE 2023

Convócanse proceso de selección de candidatos/as para a realización de prácticas formativas non laborais a través do programa Xuventude Mentoring: Xuventude con Talento 2023 dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de data 23 de agosto de 2023 e publicadas no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas en data 24 agosto de 2023.

REQUISITOS DAS PERSOAS MOZAS ASPIRANTES

  1. Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
  2. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONDICIÓNS E BENEFICIOS DO PROGRAMA

As persoas participantes percibirán unha bolsa de formación cun importe de 630 € mensuais, incrementada en 100€ en caso de persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia do participante.

Ademais recibirán unha formación complementaria e actividades complementarias, recibindo apoio e titorización durante a duración das estadías:

  • Actividades formativas 30 horas
  • Mentoring 4 horas
  • Visitas a empresas 4 horas
  • Orientación personalizada 2 horas

As horas formativas nos Concellos nas que se realizan as estadías terán unha duración de 100 horas mensuais e de catro días laborais por semana.

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS

6 prazas en TECNOLOXIAS INFORMACION DA E  COMUNICACION (TICs)

6 prazas EN CALIDADE DE VIDA E BENESTAR

3 prazas EN TÉXTIL/MODA

EMPRESAS NAS QUE SE REALIZARÁN AS ESTADÍAS FORMATIVAS

Concello de Camariñas. 5 prazas nos sectores de TICs, Calidade de Vida e Benestar e Téxtil/Moda

Concello de Muxía. 5 prazas nos sectores de TICs, Calidade de Vida e Benestar e Téxtil/Moda

Concello de Vimianzo. 5 prazas nos sectores de TICs, Calidade de Vida e Benestar e Téxtil/Moda

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes das persoas mozas interesadas en participar no programa Xuventude Mentoring no proxecto XUVENTUDE CON TALENTO dos Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo presentaranse

  •  Telemáticamente na sede electrónica do Concello de Camariñas  https://sede.camarinas.net/sxc/gl/ en procedemento xeral xuntando a solicitude e documentación de participación do programa. Anexo I
  • Presencialmente nos concellos participantes nos seus rexistros xerais. Presentando solicitude e documentación do programa que aparece no Anexo I
  • SERÁ OBRIGATORIO realizar previamente a pre-inscrición on line no seguinte enlace https://forms.gle/Re3Bk54k9hy5kaCA7

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1º prazo: 30 de agosto de 2023

2º prazo: (no caso de quedar prazas vacantes). 15 de setembro de 2023

CONTACTO:

Correo electrónico: adl@camarinas.net

teléfono: 981 737 004

Para máis información: Área de desenvolvemento local dos Concellos

Camariñas: 981 737 004

Muxía: 981 742 001

Vimianzo: 981 716 001

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: