CAP - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUNHA PRAZA DE CAPATAZ PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO V.
EXP: 2023/E001/000001
ANUNCIO
Cap - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUNHA PRAZA DE CAPATAZ PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO V, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN CONCELLO DE CAMARIÑAS E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 31 DE AGOSTO DE 2023.
Faise público o decreto da Alcaldía de data 31 de agosto de 2023, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: CAP - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUNHA PRAZA DE CAPATAZ PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO V, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN CONCELLO DE CAMARIÑAS E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.
EXPTE.: 2023/E001/000001
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección dunha praza de Capataz, como persoal laboral fixo, correspondente á oferta pública de emprego do ano 2022 Ordinaria.
Considerando que a proposta de contratación que fai o tribunal dun capataz que seguidamente se indica, basease na puntuación obtida por este aspirante no procedemento a cal figura a continuación:
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
AMEIJEIRAS OREIRO, JOSÉ MANUEL |
33,38 |
Considerando que dita proposta se axusta ao preceptuado polas bases da convocatoria, é polo que de conformidade co establecido na base décima da convocatoria que rexe o procedemento de selección e en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación dun capataz como persoal laboral fixo:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
1 |
AMEIJEIRAS OREIRO, JOSÉ MANUEL |
***9008** |
Segundo: Requirir aos aspirantes propostos para a contratación para que no prazo de vinte dias naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación do presente acordo, no que se contén a relación de aprobados, presenten a documentación a que se refire a base décimo segunda da convocatoria. En concreto a documentación a presentar e a seguinte:
a) Documento nacional de identidade mediante copia compulsada.
b) Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c) Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal, ou de ser o caso, xustificación de non estar afiliado.
d) Documento acreditativo de conta bancaria.
Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os e as aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado como funcionario de carreira ou como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.
Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sergio Caamaño Fernández ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe polo Alcalde en funcións D. Sergio Caamaño Fernández.