Sede electrónica Concello de Camariñas

10:58:53 Xoves 7 de decembro 2023

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

27/09/2023

Anuncio de requirmento documentación a aspirante para nomeamento titor XCT

EXP: 2023/E001/000009

ANUNCIO

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE SETEMBRO DE 2023.

Publícase para xeral coñecemento a dilixencia da Alcaldía do Concello de Camariñas de data 27/09/2023, de requirimento de documentación para nomeamento para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de titor/a do proxecto “Xuventude con talento 2023” para o Concello de Camariñas.

“PROVIDENCIA

EXPTE TEDEC: 2023/E001/000009

Por Decreto da Alcaldía de data 29 de agosto de 2023 aprobaronse as bases do proceso de selección/contratación e formación de bolsa, mediante concurso-oposición libre, de titor/a do proxecto “Xuventude con talento 2023” para o Concello de Camariñas, ao abeiro da Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estancias formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e procédese á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D), sendo a modalidade do contrato funcionario interino.

Visto que por decreto desta Alcaldía de data 27/09/2023, despois da celebración do correspondente proceso selectivo, se aprobou a listaxe de aprobados e se constituíu a bolsa de emprego para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de titor/a do proxecto “Xuventude con talento 2023” para o Concello de Camariñas.

Vista a orde de chamamento e a relación de aspirantes que forman bolsa de traballo para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de titor/a do proxecto “Xuventude con talento 2023” para o Concello de Camariñas.

De conformidade co disposto na base 9ª e 10ª da convocatoria para a provisión dun funcionario/a interino/a, para a praza de titor/a do proxecto “Xuventude con talento 2023” para o Concello de Camariñas, á vista dos antecedentes anteriormente exposto é polo que DISPOÑO:

Primeiro.- Requirir a Dª MARÍA ESTER DEVESA NEIRA, aspirante que figura en primeiro lugar na bolsa de emprego, para que no prazo de dous días hábiles, a contar desde a publicación do chamamento no Taboleiro de anuncios e da Sede do Concello, presente a documentación a que se refire a base 10ª da convocatoria, co fin de proceder, no seu caso, o seu nomeamento como funcionaria interina para a praza de titora do proxecto “Xuventude con talento 2023”.

Segundo.- Se solicite informe de fiscalización á Intervención Municipal para proceder o nomeamento.

Terceiro.- Que una vez exista o informe favorable, se proceda ao nomeamento da candidata proposta, tendo en conta a orde de prelación dos candidatos en función da puntuación que, no proceso selectivo seguido para a formación da citada Bolsa, obtivo cada un deles.

Cuarto.- Que se siga o procedemento establecido nas Bases para proceder o referido nomeamento.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial”.

Camariñas asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: