Sede electrónica Concello de Camariñas

10:32:29 Xoves 7 de decembro 2023

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

27/09/2023

APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE OFICIAL DE OBRAS, PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO

EXP: 2023/E001/000002

ANUNCIO

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 27 DE SETEMBRO DE 2023.

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía do Concello de Camariñas de data 27/09/2023 pola que se aproba bolsa de emprego dunha praza de oficial de obras correspondente á oferta pública de emprego do ano 2022 Ordinaria.

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: APROBACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE OFICIAL DE OBRAS, PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO V, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN CONCELLO DE CAMARIÑAS E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.

EXPTE.: 2023/E001/000002

Vista a acta e a relación de aprobados formulada polo Tribunal Cualificador do proceso de selección dunha praza de oficial de obras, como persoal laboral fixo, correspondente á oferta pública de emprego do ano 2022 Ordinaria.

Considerando o disposto na base 15ª das bases xerais da convocatoria e 7ª das bases específicas e que a listaxe de aspirantes aprobados formulada polo tribunal, basease na puntuación obtida por estes aspirantes no procedemento a cal figura a continuación:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

CASTRO CURES, JOSÉ

24,67

AMEIJENDA SUÁREZ, VALERIANO

20,51

TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO

14,65

Considerando que mediante decreto da Alcaldía de data 04/09/2023 acordouse, a contratación do oficial de obras proposto polo tribunal e que xa se ten formalizado o correspondente contrato.

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos polas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na base 9ª, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aprobar a seguinte listaxe e orde definitiva dos integrantes da bolsa de emprego dunha praza de oficial de obras correspondente á oferta pública de emprego do ano 2022 Ordinaria:

NÚM.

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

AMEIJENDA SUÁREZ, VALERIANO

20,51

TAJES CANOSA, JOSÉ ANTONIO

14,65

Segundo: Facer público o presente decreto mediante a súa publicación no BOP, e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, 27 de setembro de 2023

A Alcaldesa,

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: