Sede electrónica Concello de Camariñas

11:38:21 Xoves 7 de decembro 2023

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

28/09/2023

TD - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN PARA 1 PRAZA DE TECNICO/A DEPORTIVO

EXP: 2022/E001/000023

ANUNCIO

TD - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN para 1 PRAZA DE TECNICO/A DEPORTIVO, GRUPO IV, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 28 DE SETEMBRO DE 2023

 

Faise público o decreto da Alcaldía de data 28 de setembro de 2023, decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: TD - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN PARA 1 PRAZA DE TECNICO/A DEPORTIVO, GRUPO IV, NO MARCO DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS, INCLUÍDO NA OFERTA EXTRAORDINARIA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2022.

EXPTE.: 2022/E001/000023

Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, para a contratación laboral fixo de 1 praza de técnico/a deportivo (código RPT 7104) para o Concello de Camariñas.

Considerando que a proposta de contratación que fai o tribunal do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 1 praza de técnico/a deportivo que seguidamente se indica, basease na puntuación obtida por este aspirante no procedemento a cal figura a continuación:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

CANOSA FERREIRA, JUAN RAMÓN

100

Visto que a acta do Tribunal permaneceu exposta ao público durante o prazo dez días hábiles, de acordo co establecido na base novena das bases xerais, e non se presentaron alegacións nin reclamacións.

Considerando que dita proposta se axusta ao preceptuado polas bases da convocatoria, é polo que de conformidade co establecido na base décima da convocatoria que rexe o procedemento de selección e en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de un técnico/a informático como persoal laboral fixo (código RPT 7104):

APELIDOS E NOME

DNI

CANOSA FERREIRA, JUAN RAMÓN

***2631**

Segundo: Requirir ao aspirante proposto para a contratación para que no prazo de vinte dias naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación do presente acordo, no que se contén a relación de aprobados, presenten a documentación a que se refire a base décima da convocatoria. En concreto a documentación a presentar e a seguinte:

  1. Documento nacional de identidade mediante copia compulsada.
  2. Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
  3. Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal, ou de ser o caso, xustificación de non estar afiliado.
  4. Documento acreditativo de conta bancaria.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, os e as aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito. Quen non presentase a documentación sinalada anteriormente dentro do prazo fixado, salvo causa de forza maior, non poderá ser nomeado como funcionario de carreira ou como persoal laboral fixo, nin tampouco se do exame da documentación se deducise que carece dalgún requisito.

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: