LISTAXE DEFINITIVA ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR PROCESO SELECTIVO BCCL
EXP: 2023/E001/000010
ANUNCIO
Bccl - ListaXE definitiva de aspirantes admitidos/as E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A creación dunha BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE CONDUCTOR CAMIÓN DO LIXO, GRUPO V PARA SUBSTITUCIÓN (ARTIGO 15.1.C DO TRLET).
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 24 DE OUTUBRO DE 2023.
Faise público o Decreto da Alcaldía de data 24de outubro de 2023, decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: BCCL - LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE CONDUCTOR CAMIÓN DO LIXO, GRUPO V PARA SUBSTITUCIÓN (ARTIGO 15.1.C DO TRLET).
EXPTE.: 2023/E001/0000010
Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 810/2023 de data 27/10/2023 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal, mediante oposición, de condutor camión do lixo, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET).
Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 189 do 03/10/2023 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Considerando que ten finalizado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no presente proceso selectivo, revisadas as mesmas e visto que tódolos aspirantes que teñen presentado a solicitude cumpren coas condicións establecidas na base 3ª que rexe a convocatoria é polo que en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente e de conformidade co disposto na Base 5ª da convocatoria,
ACORDO:
Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal, mediante oposición, de condutor camión do lixo, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET),
Admitidos definitivamente:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
DNI |
CELGA |
PERMISO CONDUCIR |
CAP |
1 |
ABAL CHAVES, REINALDO |
***9054** |
SI |
SI |
SI |
2 |
PASANTES AMEIJENDA, JUAN C. |
***6419** |
NON |
SI |
SI |
3 |
CASTIÑEIRA VÁZQUEZ, MARIO |
***1081** |
SI |
SI |
SI |
4 |
PÉREZ CARRIL, JOSÉ ANTONIO |
***9355** |
NO |
SI |
SI |
Excluídos definitivamente:
-----------------------------
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.
Segundo: Que o Tribunal se reúna para a súa constitución o día 30 de outubro de 2023, ás 9:00 horas, no Almacén Municipal, sito en lg. Cruceiro, núm. 12 de Xaviña.
Terceiro: Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 30 de outubro de 2023, ás 10:00 horas, no Almacén Municipal, sito no lg. Cruceiro, núm. 12 de Xaviña (ao lado do establecemento comercial Euronics), para a realización das probas da oposición previstas na base 7ª da convocatoria, 1º exercicio – Exame Tipo Test.
Cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración dos exercicios na mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración de cada un deles. De non ser posible e/ou así acordalo o tribunal se celebrarán na xornada seguinte ou seguintes, deixando transcorrer neste caso un prazo/tempo mínimo de 24 horas entre cada exercicio.
Os aspirantes deberán acudir á proba na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo os casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.
A actuación dos aspirantes na proba práctica levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “V”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2023, (DOG nº 16, de data 26 de xaneiro de 2023).
Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.
Quinto: Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.