Sede electrónica Concello de Camariñas

10:45:39 Xoves 7 de decembro 2023

Información

Intervención

31/10/2023

Modificación de ordenanzas fiscales revisión IPC: modificación ordenanza fiscal lixo

EXP: 2023/G016/000004

ANUNCIO DE APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS REGULADORAS DAS TAXAS DE RECOLLIDA DE LIXO, CEMENTERIOS E SUBMINISTRO DE AUGA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

 

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 208 DE DATA 31/10/2023

 

No Pleno extraordinario celebrado o 27 de outubro, acordouse aprobar provisionalmente a modificación das Ordenanzas fiscais do Concello de Camariñas reguladoras das seguintes taxas:

- Ordenanza fiscal reguladora da taxa de subministro de auga.

-Ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida de lixo.

-Ordenanza fiscal reguladora da taxa de cementerio.

Logo de instruír polos servizos competentes desta Entidade expediente de modificación das ditas Ordenanzas Fiscais reguladoras da taxas, en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

 

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

 

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.

 

En Camariñas, 30 de outubro de 2023

 

A Alcaldesa

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: