Modificación de ordenanzas fiscales: IBI
EXP: 2023/G016/000005
ANUNCIO DE APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACIÓN DAS ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES DO CONCELLO DE CAMARIÑAS
ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 208 DE DATA 31/10/2023
No Pleno extraordinario celebrado o 27 de outubro, acordouse aprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles do Concello de Camariñas.
Logo de instruír polos servizos competentes desta Entidade expediente de modificación da dita Ordenanza Fiscal reguladora do dito imposto, en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.
En Camariñas, 30 de outubro de 2023
A Alcaldesa
Sandra Insua Rial