Sede electrónica Concello de Camariñas

05:38:53 Martes 27 de febreiro 2024

Información

MOSTRA DO ENCAIXE

30/11/2023

DESIGNACIÓN XURADO DE SELECCIÓN MEMORIAS PRESENTADAS NO XXX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES MODA

EXP: 2023/A002/000004

ANUNCIO

DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 30 DE NOVEMBRO DE 2023.

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía  de data 30 de novembro de 2023, decreto que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

EXPEDIENTE: 2023/A002/000004

De conformidade co disposto na Base 6ª das bases do XXX Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 23 de agosto de 2022 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 168 do 4 de setembro de 2023, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado de selección de memorias presentadas, quedando este integrado do seguinte xeito:

    Presidenta: Mª del Rosario Carrillo Vascoy, deseñadora.

    Suplente da Presidenta: Dª Ana Cabranes Álvarez, deseñadora.

    Vogais: Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe.

               Dª Noemí Toba Martínez, adxunta a Dirección da Mostra.

    Vogal Suplente: Dª Alianza Trillo Cabrejo, persoal laboral do Concello.

    Secretaria: Dª María Jimenéz Sánchez, persoal laboral do Concello.

    Secretario suplente: D. Emilio José González Ramos, persoal laboral do Concello.

Segundo.- Que o Xurado se reúna para a súa constitución e para a selección de memorias presentadas, o próximo xoves, día 14 de decembro de 2023, ás 9:30 horas, na Casa do Concello de Camariñas.

Terceiro.- Publicar o presente decreto no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello de Camariñas.

Cuarto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do xurado.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa en funcións Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: