Sede electrónica Concello de Camariñas

03:41:18 Martes 27 de febreiro 2024

Información

TESOURERIA

22/12/2023

Modificación de ordenanzas fiscales revisión IPC: modificación ordenanza fiscal lixo

EXP: 2023/G016/000004

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 243 DE DATA 22/12/2023

ANUNCIO

 

Aprobación definitiva das modificacións das Ordenanza fiscais reguladoras das taxas pola prestación do servizo de abastecemento de auga, recollida de lixo e servicio de cemiterio.

 

 

 O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de outubro de 2023, aprobou provisionalmente as modificacións da Ordenanzas fiscais reguladoras das taxas a esixir pola prestación do servizo de abastecemento de auga, recollida de lixo e servicio de cemiterio .

 

Durante o período de exposición ao público non se formularon reclamacións, elevándose a definitivo o acordo provisional adoptado relativo á modificación das ordenanzas fiscais indicadas, de conformidade co establecido no artigo 17.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, polo que a dita modificación entrará en vigor unha vez  sexa publicado este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, sendo de aplicación a partir do 01/01/2024.

 

De conformidade co artigo 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, contra ditos acordos poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da publicación destes acordos no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo de calquera outro recurso que os interesados estimen procedente.

 

O texto íntegro das Ordenanzas Fiscais modificadas será o seguinte que se transcribe a continuación, para cada unha das ordenanzas:

 

 

“Ordenanza Fiscal nº 11, reguladora da taxa por subministro de auga”

 

Artigo 1.- Fundamento e natureza.

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLex 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido daLei Reguladora das Facendas Locais e ó amparo do disposto nos artigos 57 e 20.4.t) da mesma lei, este Concello establece a “Taxa por subministro de auga”, que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Feito imponible.

Constitúe o feito imponible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de subministro de auga, incluidos os dereitos de conexión de liñas, colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, nos termos especificados nas tarifas da presente Ordenanza.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polos servicios de distribución de auga e demáis que constitúen o feito imponible da taxa.

2. Cando os servicios regulados nesta Ordenanza sexan solicitados ou disfrutados por ocupantes de vivendas e locais distintos do propietario do inmoble, este propietario terá a condición de sustituto do contribuinte, que como tal poderá repercuti-las cotas satisfeitas da taxa sobre os beneficiarios do servicio.

Artigo 4.- Responsables.

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades recollidas no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Beneficios fiscais.

Non se concederá exención nin bonificación algunha na exacción da presente Taxa.

Artigo 6.- Cota tributaria.

A cota tributaria resultará da aplicación da tarifa seguinte, na que non se inclúe o importe do IVE aplicable no seu caso:

TARIFA 1

EUROS

Por cada m3 consumido ata o tope mensual de 12 m3

0,29 €

Por cada m3 consumido en exceso sobre o tope anterior

0,52 €

Cota anual do servizo (prorrateable por trimestres naturais nos casos de alta e cese)

27,94€

TARIFA 2

 

Por cada m3 subministrado para obras

0,62€

TARIFA 3

 

Cota de abono ao servizo

19,82€

Por aluguer de contador, por mes ou fracción

1,99€

Instalación de acometida

148,75€

 

Artigo 7.- Devengo.

1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal obxecto desta Ordenanza.

2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaránse o primeiro dia de cada ano natural.

3. Cando se soliciten os servicios da tarifa terceira do artigo anterior, esixiráse o depósito previo da taxa no momento de formula-la solicitude.

Artigo 8.- Obrigación de pago.

O pago da taxa efectuaráse mediante recibo, e a súa facturación e cobro se realizará con periodicidade anual, agás nos casos de alta e cese no servicio.

Artigo 9.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria, na súa normativa de desenvolvemento e no Regulamento municipal do servicio.

Disposición final.

A presente redacción desta Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2023, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil vinte e tres, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

“Ordenanza fiscal reguladora da taxa de recollida do lixo”

Artigo 1.- Fundamento e natureza.-

En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDLex 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a “Taxa por recollida de lixo”, que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado RDLex 2/2004.

Artigo 2.- Feito imponible.-

1. Constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio, de recepción obrigatoria, de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos no Concello de Camariñas procedentes de vivendas e establecementos comerciais, industriais, profesionais, de servicios ou doutros usos, que estean en condicións de habitabilidade ou utilización e con independencia de que sexan ou non efectivamente habitados ou utilizados.

2. Para estes efectos, enténdense como lixo e residuos sólidos urbanos, os xerados nos lugares citados no apartado anterior que non estean incluídos na categoría de tóxicos ou perigosos pola lexislación sectorial aplicable ou requiran a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade..

3. Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

a) Recollida de lixo e residuos non calificados de domiciliarios, e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

b) Recollida de escorias e cinzas de calefaccións centrais.

c) Recollida de entullos de obras.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.-

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refiere o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario.

2. Terá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.

Artigo 4.- Responsables.-

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades sinaladas no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.- Exencións.-

Gozarán de exención aquellos contribuintes pertencentes a núcleos familiares beneficiarios da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA).

Artigo 6.- Cota Tributaria.-

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determina en función da natureza e destino dos inmobles.

A tal efecto aplicaráse a seguinte Tarifa:

 

EPÍGRAFES

COTA 

1- VIVENDAS

86 €

2- CAFÉ-BAR, OBRADOIROS, CARNICERÍAS, PESCADERÍAS E PEQUENO COMERCIO EN XERAL

172 €

3-CAFETERÍAS, SALAS DE FESTA, DISCOTECAS E ANÁLOGOS, ENTIDADES BANCARIAS E ASEGURADORAS, ASESORÍAS, XESTORÍAS

215 €

4-COMERCIO DE FROITAS E VERDURAS, ALIMENTACIÓN E ULTRAMARINOS, RESTAURANTES, ALOXAMENTOS E GASOLINEIRAS

301 €

5- RESTAURANTES OU ALOXAMENTOS CON CAFÉ-BAR

474 €

5-ALOXAMENTOS CON SERVIZO DE RESTAURANE

603 €

6-ALOXAMENTOS CON SERVIZO DE RESTAURANTE E CAFÉ-BAR.

776 €

6-SUPERMERCADOS, FÁBRICAS DE CONSERVAS E GRANDES ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS OU INDUSTRIAIS

1.437 €

 

A tarifa aplicable a un establecemento no que se presten actividades dos diferentes epígrafes, será  a de maior importe.

 

Artigo 7.- Devengo.-

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servicio municipal de recollida de lixo domiciliario, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento este servicio nas rúas ou lugares onde se ubiquen as vivendas ou locais usados polos contribuíntes suxeitos á Taxa.

2. Establecido e en funcionamento o servicio, as cotas devengaránse o primeiro de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos casos de inicio ou cese no uso do servicio, nos que o período impositivo se axustará a dita circunstancia, prorrateándose a cota correspondente por trimestres naturais.

Artigo 8.- Declaración e Ingreso.-

1. Dentro dos trinta dias hábiles seguintes á data en que se devengue por primeira vez a Taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscripción en matrícula, presentando a correspondente declaración de alta e ingresando simultáneamente a cota correspondente. Pasado dito prazo sen presenta-la declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na matrícula do tributo.

2. O tributo recadaráse anualmente nos prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recadación para os tributos de notificación colectiva e periódica, agás que, para un exercicio en concreto o Pleno Municipal dispoña outra cousa. Por excepción a liquidación correspondente á alta inicial na matrícula se ingresará nos prazos indicados no citado Regulamento para os ingresos directos.

Artigo 9.- Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto no Título IV da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente redacción desta Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2023, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil vinte e tres, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

“ Ordenanza Fiscal Nº 14, reguladora da taxa do cemiterio municipal”

 

Artigo 1.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a "Taxa de Cemiterio Municipal", que se rexirá pola presente Ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2.- Feito imponible

Constitúe o feito imponible da Taxa a prestación dos servicios do Cemiterio Municipal, tales como asignación de espacios para enterramentos, permisos de construcción de sepulturas, ocupación dos mesmos, reducción e incineración, movemento e colocación de lápidas, verxas e adornos, conservación dos espacios adicados ó descanso dos defuntos e calesquera outros que, de conformidade co establecido na normativa de policía sanitaria mortuoria e demáis aplicable, sexan procedentes ou se autoricen a instancia de parte.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos.-

Son suxeitos pasivos contribuíntes os solicitantes da concesión, da autorización ou  da prestación do servicio e, no seu caso, os titulares da autorización concedida

Artigo 4.- Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria

Artigo 5.- Exencións

Estarán exentos os servicios que se preste con ocasión de:

a) enterramentos dos asilados procedentes da Beneficencia, sempre que a conducción se verifique por conta dos establecementos benéficos e sen ningunha pompa fúnebre custeada pola familia dos falecidos.

b) enterramentos de cadáveres de pobres de solemnidade, sempre e cando os gastos de enterramento non sexan legal ou contractualmente a cargo doutra persoa ou entidade con suficiente capacidade económica.

c) inhumacións que ordene a Autoridade Xudicial e que se efectúen na fosa común.

Artigo 6.- Cota Tributaria.-

A cota tributaria determinarase por aplicación da seguinte Tarifa:

Conceptos: Euros

Epígrafe 1.- Asignación de nichos.

a) Nichos perpetuos: 620 €

b) Nichos temporais (arrendamento por dez anos ou prórroga): 258 €

1. As sepulturas que por calquera causa queden vacantes, reverten a favor do Concello.

2. O dereito adquirido polo pago da tarifa correspondente a nichos perpetuos non é o da propiedade física do terreo, senon o da conservación a perpetuidade dos restos inhumados en ditos espacios.

Epígrafe 2.- Servicios de coidado, conservacion e vixiancia

Por cada nicho, cota anual de: 8,5 €

Artigo 7.- Devengo

1. Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación dos servicios suxeitos a gravame, entendéndose, a estes efectos, que dita iniciación se produce coa solicitude daqueles.

2. Establecido e en funcionamento o servicio, as cotas do epígrafe 5 da Tarifa devengaránse o primeiro de xaneiro de cada ano, e o período impositivo comprenderá o ano natural, agás nos casos de inicio ou cese no uso do servicio, nos que o período impositivo se axustará a dita circunstancia, prorrateándose a cota correspondente por trimestres naturais

Artigo 8.- Declaración, liquidación e ingreso

1. Os suxeitos pasivos solicitarán a prestación dos servicios de que se trate.

2. Cada servicio será obxecto de liquidación individual e autónoma. O pago da taxa se realizará por ingreso directo na Tesoureria Municipal, antes de retira-la correspondente licencia, ingreso que terá carácter de depósito previo, de conformidade co disposto no artigo 26.1.a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, quedando elevado a definitivo ó concederse a licencia correspondente.

3. A Alcaldía poderá establecer prazos xerais de ingreso do depósito previo nos procedementos de adxudicación de novas fases ou bloques de sepulturas por concorrencia entre pluralidade de interesados.

4. As cotas do epígrafe 5, unha vez incluídos nos padróns ou matriculas desta taxa, faranse efectivos por anualidade conforme ó Regulamento Xeral de Recadación.

5. O dereito funerario extinguirase polo incumprimento do titular da súa obriga de paga-las taxas desta ordenanza por período superior a cinco anos.

Artigo 9.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, asi como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente redacción desta Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2023, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día primeiro de xaneiro de dous mil vinte e tres, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

En Camariñas, 19 de decembro de 2023

 

A Alcaldesa,

 

 

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: