Sede electrónica Concello de Camariñas

05:43:24 Martes 27 de febreiro 2024

Información

TESOURERIA

08/02/2024

Elaboración y aprobación de ordenanzas fiscales: ESTABLECIMIENTO IIVTNUe delegación.

EXP: 2023/G015/000001

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 27 DE DATA 06/02/2024. ANUNCIO DE APROBACIÓN PROVISIONAL NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA
SUMARIO
Acordo do Pleno do Concello de Camariñas,  polo que se aproba o establecemento do  Imposto polo Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, e no que tamén se aproba  provisionalmente  a ordenanza fiscal reguladora do dito Imposto.
TEXTO
Logo de instruír polos servizos competentes desta entidade expediente de imposición e ordenación do imposto sobre  incremento de valor de terreos de natureza urbana, o Pleno desta Entidade, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de Xaneiro de  2024, acordou a aprobación provisional da referida imposición e ordenación do imposto.
E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas interesadas  poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Así mesmo, estará a disposición das persoas interesadas o dito expediente.
Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.
Camariñas, 01 de febreiro de 2024
A Alcaldesa
Asdo: Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: