Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

12:28:44 Lunes 29 de noviembre 2021

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

07/10/2021

Listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos e convocatoria de probas para bolsa fontaneros

ANUNCIO

fon – APROBACIÓN DE ListaXE definitiva de aspirantes admitidos E EXCLUÍDOS para participar no proceso selectivo PARA A CREACIÓN  DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS FONTANEIROS PARA O CONCELLO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 7 DE OUTUBRO DE 2021.

EXPTE.: 2021/E001/000010

A Alcaldía ditou en data 7 de outubro de 2021, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: FON. LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS FONTANEIROS PARA O CONCELLO DE CAMARIÑAS.

EXPTE.: 2021/E001/000010

Transcorrido o prazo establecido por decreto desta Alcaldía de data 29/09/2021, concedendo un prazo de tres días hábiles, para subsanar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión na relación de aspirantes admitidos e excluídos no proceso de selección para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de dous oficiais fontaneiros para o Concello de Camariñas, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 02/09/2021 e publicadas no BOB núm. 171 do 08/09/2021, examinadas as emendas producidas e vista a documentación presentada polos interesados; esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente e de conformidade co disposto na Base 6ª da convocatoria,

ACORDA:

Primeiro.- Aprobar a seguinte lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de dous oficiais fontaneiros para o Concello de Camariñas:

Admitidos:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

1

AMEIJENDA SUÁREZ, VALERIANO

***6436**

2

SAR VILLAR, JESÚS MANUEL

***3855**

 

 

 

Excluídos:

APELIDOS E NOME

DNI

MOTIVOS

CAMPAÑA CANOSA, JOAQUÍN

***6933**

Por non presentar fotocopia do DNI

Por non acreditar estar en posesión dalgunha das titulacións as que se refire a Base 4ª C)

Por non acreditar estar en posesión de permiso de conducir o que se refire a Base 4ª (Requisito de carácter específico)

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Segundo: Que o Tribunal se reúna para a súa constitución o día 20 de outubro de 2021, ás 8:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Terceiro: Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 20 de outubro de 2021, para a realización das probas previstas na base 8ª da convocatoria, no seguinte horario:

  • Ás 9:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello (praza de Insuela, núm. 57 - Camariñas), para a realización do primeiro exercicio, proba escrita.
  • Ás 11:00 horas, no Almacén Municipal, sito en lg. Cruceiro, núm. 12 de Xaviña (ao lado do establecemento comercial Euronics), para realización do segundo exercicio, proba práctica.

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

Será obrigatorio o uso de máscaras segundo o recollido na Orde SND/422/2020, do 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

A actuación dos aspirantes no exercicio levarase a cabo por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “Y”, conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2021, (DOG nº 24, de data 5 de febreiro de 2021).

Advertir que cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración dos exercicios na mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración de cada un deles. De non ser posible e/ou así acordalo o tribunal se celebrarán na xornada seguinte ou seguintes, deixando transcorrer neste caso un prazo/tempo mínimo de 24 horas entre cada exercicio.

Concluído cada un dos exercicios da oposición, o tribunal fará pública a relación de aspirantes que os superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos nesta relación terán a consideración de “non aptos”.

Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e, a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Quinto: Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: