Convocatoria probas selectivas para a contratación de peóns para o Programa PEL 2022
EXP: 2022/E001/000002
CONCELLO DE CAMARIÑAS
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS CONCELLO DE CAMARIÑAS: 18 DE MARZO DE 2022
Convócanse probas selectivas, mediante concurso-oposición, para a contratación laboral de CATRO PEÓNS PARA REALIZACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS 2022 ao abeiro da Convocatoria do Programa PEL-Concellos 2022 da Deputación Provincial, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 18 de marzo de 2022 e publicadas no taboleiros de anuncios do Concello de Camariñas en data 18 marzo de 2022.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.