Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

23:05:50 Domingo 3 de julio 2022

Información

DEPARTAMENTO MOSTRA ENCAIXE

11/04/2022

Designación do xurado do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda.

EXP: 2021/A002/000001

ANUNCIO: Designación do xurado do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda.

Faise público que na Resolución da Alcadía núm. 378/2022, do 11 de abril de 2022, acordouse a designación do xurado do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda e que transcrita literalmente dí:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXVIII CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2022.

EXPEDIENTE: 2021/A002/000001

De conformidade co disposto na Base 8ª das bases do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 1 de setembro de 2021 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 170 do 7 de setembro de 2021, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado oficial que ditaminará o 1º, 2º e 3º premios do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda que terá lugar durante a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, quedando este integrado do seguinte xeito:

    Presidente: Modesto Lomba Caneda, deseñador.

    Vogais: Maria del Rosario Carrillo Bascoy, deseñadora.

               Amaya Fernández Blanco, deseñadora.

               Inés Fernández de Córdoba Batista, deseñadora.

               Edith Verónica Mesa Pías, deseñadora.

               Ana Álvarez Llera Cabranes, deseñadora.

               Esteban Freiría Iglesias, deseñador.

               Felipe Santamaría, deseñador.

               Jorge de Álvarez, deseñador.

               Franco Quintans, deseñador.

    Secretaria: Dª  María Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe

Segundo.- Que o xurado se reúna para a súa constitución e para determinar os tres premios do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, o próximo sábado, día 16 de abril de 2022, no recinto da Mostra do Encaixe.

Terceiro.- Publicar o presente decreto na páxina web do Concello de Camariñas e en medios de prensa”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, a 11 de abril de 2022

A alcaldesa,

 

Asdo.: Sandra Insua Rial


Justificantes de Publicación: