Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

23:00:04 Domingo 3 de julio 2022

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

05/05/2022

Anuncio de designación de membros do tribunal

EXP: 2022/E001/000003

ANUNCIO

TT – DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO DE SELECCIÓN, MEDIANTE OPOSICIÓN, MEDIANTE OPOSICIÓN, PARA A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE BOLSA DE DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS PARA A OFICINA DE TURISMO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 5 DE MAIO DE 2022.

A Alcaldía ditou en data 5 de maio de 2022, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: TT - DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO DE SELECCIÓN, MEDIANTE OPOSICIÓN, PARA A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE BOLSA DE DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS PARA A OFICINA DE TURISMO DE CAMARIÑAS.

EXPTE.: 2022/E001/000003

De conformidade co disposto na Base 6ª da Convocatoria para a contratación e formación de bolsa, mediante oposición, de dous técnicos a tempo completo para o Programa de oficina de turismo de Camariñas, anualidade 2022, ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña no marco do Programa (DP0029): programa de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de gasto de persoal das oficinas de turismo, ano 2022, cuxas bases e convocatoria foron aprobadas por decreto da Alcaldía de data 22/04/2022 e publicadas no BOB núm. 79 do 27/04/2022, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do tribunal, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidente: D. Emilio José González Ramos, funcionario do Concello.

Suplente do Presidente: Dª Mª Josefa Jiménez Sánchez, persoal laboral do Concello.

Vogais:

    Dª Ana Mª Martínez Díaz, persoal laboral do Concello.

    Dª Dolores Lema Mouzo, persoal laboral do Concello.

    Dª Margarita Seijas Carballal, persoal laboral do Concello.

Vogais Suplentes:

    D. Francisco José Puga Bestilleiro, persoal laboral do Concello.

    Dª Dª Alianza Trillo Cabrejo, persoal laboral do Concello.

Secretaria: Dª Elvira Chao Díaz, funcionaria do Concello.

Secretaria suplente: Dª Mª Mercedes Búa Barrientos, persoal laboral do Concello.

Segundo.- Publicar o presente decreto no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Terceiro.- Dar traslado do presente decreto aos membros do tribunal.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: