Sede electrónica Concello de Camariñas

12:25:55 Luns 29 de novembro 2021

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

03/11/2021

Anuncio de proposta de nomeamento e requirimento documentación para contratación de dous fontaneiros

ANUNCIO

FON – PROPOSTA DE NOMEAMENTO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN PARA A PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS FONTANEIROS PARA O CONCELLO DE CAMARIÑAS.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 3 DE NOVEMBRO DE 2021.

EXPTE.: 2021/E001/000010

A Alcaldía ditou en data 3 de novembro de 2021, o decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: PROPOSTA DE NOMEAMENTO E REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN PARA A PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS OFICIAIS FONTANEIROS PARA O CONCELLO DE CAMARIÑAS.

EXPEDIENTE: 2021/E001/000010

Mediante decreto da Alcaldía de data 29/10/2021 foi formalizada a bolsa de emprego para a contratación de dous oficiais fontaneiros para o Concello de Camariñas na que figuran como únicos aspirantes aprobados D. Valeriano Ameijenda Suárez e D. Jesús Manuel Sar Villar.

De conformidade co disposto na base 10ª da Convocatoria, considerando que se dan as circunstancias previstas no artigo 10.1 do EBEP, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ACORDO:

Primeiro: Propoñer o nomeamento como funcionarios interinos por acumulación de tarefas (art. 10.1 b) e d) do EBEP) dos aspirantes D. Valeriano Ameijenda Suárez e D. Jesús Manuel Sar Villar, que figuran como únicos aspirantes bolsa de emprego aprobada por decreto da Alcaldía de data 29/10/2021 para a contratación de dous oficiais fontaneiros para o Concello de Camariñas.

Segundo: Requirir aos aspirantes propostos, D. Valeriano Ameijenda Suárez e D. Jesús Manuel Sar Villar, para que dentro do prazo máximo de 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación do presente, procedan a presentar a documentación a que fai referencia a base 10ª da convocatoria.

Terceiro: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Xustificantes de Publicación: