Sede electrónica Concello de Camariñas

14:51:16 Xoves 27 de xaneiro 2022

Información

INTERVENCIÓN

29/11/2021

ORDENANZA REGULADORA SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

TABOLEIRO ANUNCIOS CONCELLO

Anuncio de aprobación inicial e apertura do trámite de información pública da Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais no Concello de Camariñas

O pleno do Concello de Camariñas, en sesión ordinaria celebrada o 26 de novembro de 2021, aprobou inicialmente a Ordenanza municipal do servizo de saneamento e depuración de augas residuais no Concello de Camariñas.

De conformidade co art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte á inserción do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados podan examinar o expediente e formular as reclamacións e suxestións que estimen oportunas.

A Ordenanza considerarase definitivamente aprobada, no suposto de que non se presenten reclamacións e/ou suxestións ao expediente, no prazo anteriormente citado, procedéndose, neste caso, a inserción do texto íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.

Durante o período de información pública, o dereito de información e acceso se poderá exercer mediante consulta no Portal de Transparencia do Concello, aloxado na sede electrónica, e nas Oficinas Xerais do Concello, sitas na Casa do Concello, Praza de Insuela, nº 57 (Camariñas), de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Camariñas, 29 de novembro de 2021

A alcaldesa,

Sandra Insua Rial


Xustificantes de Publicación: