DECLARACION DESERTO POSTO TÉCNICO/A IGUALDADE CONCELLO DE CAMARIÑAS
EXP: 2022/E001/000005
ANUNCIO
ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE BOLSA, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE UN TÉCNICOS AXENTE DE IGUALDADE FUNCIONARIO INTERINO POR PROGRAMA. PROGRAMA PROMOCIÓN DA IGUALDADE. (XORNADA COMPLETA).
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 4 DE XULLO DE 2022.
A Alcaldía ditou en data 1 de xullo 2022, o decreto que a continuación se transcribe:
“Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso-oposición, dun técnico/a Axente de Igualdade para o Programa de Promoción da Igualdade do Concello de Camariñas, funcionario interino, grupo A2, complemento de destino 16, un durante seis meses, na anualidade 2022, dentro do Programa FOAO/2022): programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para o financiamento de gasto de persoal de persoal técnico de igualdade, ano 2022.
Considerando que a proposta que fai o tribunal basease na puntuación obtida polos aspirantes, e na Base 7ª, isto é:
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
RESULTADO |
TEIJEIRO CAL, NOELIA |
9,2 |
NON APROBADO |
ARMENDARIZ GIL, FERNANDO |
9 |
NON APROBADO |
CABALEIRO GARCIA, ANA MARIA |
8,2 |
NON APROBADO |
“Así, a vista da puntuación obtida polos aspirantes o tribunal anuncia o resultado do primeiro exercicio informando que dado que ningún deles acadou a puntuación mínima necesaria para superalo, non procede a realización da segunda proba, dándose por finalizado o procedemento.
Polo que o Tribunal por unanimidade dos seus membros acorda:
Primeiro: Propoñer á Alcaldía que se declare deserto o procedemento.”
Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a acta a esta Alcaldía.
Visto, pois, o disposto na base 7ª da convocatoria, na que se dispón que os aspirantes que non alcancen a puntuación mínima de 10 puntos no primeiro exercicio, quedarán eliminados, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador e declarar deserto o proceso de selección de un funcionario interino como técnico/a de igualdade e formación de bolsa de emprego, por non acadar ningún aspirante a puntuación mínima no primeiro exercicio de acordo co establecido na Base 7ª.
Segundo: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.