Sede electrónica Concello de Camariñas

15:33:57 Domingo 14 de agosto 2022

Información

DEPARTAMENTO PERSOAL

07/07/2022

BASES AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIR

EXP: 2022/A002/000001

ANUNCIO

APROBACIÓN DAS BASES QUE ESTABLEZAN A CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CONSTRUÍNDO FUTURO

Pola presente publicanse as bases da convocatoria da achega de contratación do alumnado do obradoiro dual de emprego construíndo futuro, que foron aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 23 de xuño de 2022, as cales se transcriben a continuación:

 

BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CONSTRUÍNDO FUTURO

 

Artigo 1. Finalidade e duración dos incentivos á contratación por conta allea.

  1. Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos obradoiros duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2021 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pertencente á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, neste caso será para o alumnado do Obradoiro Dual de Emprego CONSTRUÍNDO FUTURO, que rematen o obradoiro co resultado de apto/a.
  2. A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses.
  3. A xornada da contratación temporal será a tempo completo.

4. A contratación laboral deberá comezar como máis tardar nos quince días seguintes á finalización do obradoiro dual de emprego CONSTRUÍNDO FUTURO, sendo a data de finalización deste o 28/07/2022.

 

Artigo 2. Entidades beneficiarias dos incentivos á contratación.

  1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades de “Pavimentos e albanelería de urbanización” (EOCB0211) ou con “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”(AGAR0309), e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigacións que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.
  2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
  3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas neste programa as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
  1. Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
  2. Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso salvo que en este adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme á Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
  3. Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
  4. Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
  5. Non estar ao corrente no cumprimento dos obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pago algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
  6. Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
  7. Non estar ao corrente de pago de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
  8. Ser sancionada, mediante resolución firme, coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
  9. Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
  10. En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos apartados 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das que se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
  1. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as entidades solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
  2. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

 

Artigo 3. Financiamento

As subvencións obxecto desta convocatoria financiaranse cun crédito total de 30.000€, con cargo á aplicación orzamentaria 241/47000 do orzamento do Concello de Camariñas, para o exercicio 2022

 

Artigo 4. Número de contratos que se van subvencionar e contía dos incentivos.

  1. O número máximo de contratos que se van subvencionar é de 20 contratos.
  2. Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.
  3. Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención.
  4. As entidades beneficiarias seleccionarán ao alumnado traballador obxecto de contratación en función do criterio da orde de entrada das súas solicitudes na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Artigo 5. Exclusións. Exclúense dos beneficios regulados neste programa:

  1. As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores ou traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta a disposición.
  2. Os contratos realizados co/a cónxuxe, as persoas ascendentes, as persoas descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.
  3. As contratacións realizadas con persoas traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa, segundo o establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses mediante un contrato de carácter temporal ou mediante un contrato formativo, de substitución ou de substitución por anticipación da idade de xubilación. O disposto neste parágrafo será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou da traballadora con empresas ás cales a persoa solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

 

Artigo 6. Prazos e solicitudes.

  1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Camariñas na forma que determina o artigo 16.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común da Administracións Públicas, no prazo de 10 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no boletín Oficial da Provincia da Coruña.
  2. As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:
    1. Copia do DNI, NIE ou NIF da empresa, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.
    2. Declaración do persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria, (incluída no anexo I).
    3. Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda, (incluída no anexo I).
    4. Certificacións de estar ao corrente nas súas obrigas coa Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Xunta de Galicia e autorización para comprobar de oficio que estean ao corrente do cumprimento das súas obrigas fiscais co Concello de Camariñas.
    5. Certificado de conta bancaria

 

Artigo 7. Xustificación e pagamento.

7.1. Concedidas e notificadas as axudas, estas faranse efectivas nun pagamento único, rematado o período de contratación estipulado, unha vez se xustifique a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinou a súa concesión, condicionado á acreditación nun prazo máximo de 1 mes dende o remate da contratación subvencionada por parte da entidade ou empresa beneficiaria. O pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o mesmo no prazo anteriormente indicado, mediante a remisión da seguinte documentación:

  1. Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas

 

administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo.

  1. Copia dos contratos de traballo obxecto de subvención e alta e baixa na seguridade social (si o traballador segue prestando servizos na empresa pasados os tres meses, certificado da empresa nese sentido).
  2. Declaración da empresa beneficiaria do incremento do emprego neto da empresa respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
  3. Certificados da empresa beneficiaria de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Non poderá realizarse o pago da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pago algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de orixe de reintegro.

7.2 Excepcionalmente, e por causas debidamente xustificadas, o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda da metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias

 

Artigo 8. Obrigas das entidades beneficiarias.

  1. Incorporar á persoa nun posto de traballo directamente relacionado coa formación recibida no obradoiro dual de emprego (“Pavimentos e albanelería de urbanización” ou “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes”).
  2. Manter no seu persoal á persoa contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención. No caso de extinción do contrato de traballo temporal polas causas previstas na normativa laboral vixente con anterioridade á finalización do período esixible, a empresa deberá comunicar esta circunstancia á entidade promotora dos obradoiros duais de emprego no prazo de sete días desde que se produza, para promover a súa substitución nas mesmas condicións, ofertando a cobertura do posto de traballo vacante a outras persoas participantes no obradoiro, que non fosen contratadas previamente.

Nestes casos, a cobertura do posto por un/unha novo/a traballador/a, deberá terse producido ou producirse dentro dos trinta días naturais seguintes ao cesamento, e por un período de tempo equivalente ao que restase ou reste para o remate do período estipulado inicialmente.

En caso contrario, a entidade beneficiaria non poderá percibir a axuda ou procederá ao seu reintegro. A nova persoa contratada deberá ter participado no proxecto de Obradoiro de Emprego CONSTRUÍNDO FUTURO. No caso de que o Concello de Camariñas non subministrara ningunha persoa candidata para ocupar o posto de traballo vacante, o importe a percibir de subvención será proporcional ao tempo efectivo da contratación.

  1. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención, ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita a subvención. Para o cálculo do incremento do persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes, ou cuxas baixas se produciron por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas, ou por finalización do contrato.
  2. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
  3. Unha vez finalizado o período de cumprimento desta obrigación, corresponderalle á entidade promotora do obradoiro dual de emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.

 

Artigo 9. Competencia.

O órgano competente para resolver sobre a concesión ou denegación destas axudas será a alcaldesa, unha vez recibidas as propostas definitivas dos servizos técnicos do Concello, previa comprobación da documentación xustificativa presentada que acompaña á solicitude e do cumprimento polas entidades beneficiarias dos requisitos establecidos nas bases.

A competencia para resolver as solicitudes de axudas corresponderá ás persoas titulares da entidade promotora do obradoiro dual de emprego.

 

Artigo 10. Procedemento de concesión, instrución e tramitación.

O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao amparo desta convocatoria non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e o obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia nas empresas e nos empregadores dos requisitos establecidos, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Estes incentivos á contratación temporal por conta allea quedan sometidos ao réxime de axuda de mínimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión.

 

Artigo 11. Resolución e recursos.

  1. As resolucións de concesión ou denegación serán sempre motivadas.

O prazo para resolver e notificar é dun mes, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Transcorrido devandito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

  1. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias dispoñerán dun prazo de cinco días para a súa aceptación; transcorrido este, sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
  2. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Artigo 12. Incompatibilidades e concorrencia.

  1. As axudas previstas neste programa para as contratacións por conta allea son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Con todo, serán compatibles, no seu caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.
  2. Os incentivos establecidos neste programa serán compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 

Artigo 13. Perda do dereito ao cobro da subvención e reintegro.

  1. Procederá a perda do dereito ao cobro da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia dos xuros de mora correspondentes desde o momento do pago da subvención ata a data en que se acorde a orixe do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  2. As obrigacións de reintegro establecidas nesta orde, entenderanse sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
  3. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, por tanto, procederá o reintegro parcial dos incentivos cando a persoa traballadora subvencionada cese na súa relación laboral antes de que transcorra o período mínimo de subvención e a empresa non proceda a substituílo.

 

Artigo 14. Devolución voluntaria da subvención.

  1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta da entidade promotora do obradoiro dual de emprego, en concepto de devolución voluntaria da subvención.
  2. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe, o número do expediente e denominación da subvención concedida.

 

Artigo 15. Protección de datos

Mediante a presentación da solicitude de subvención a persoa interesada dá autorización expresa ao Concello de Camariñas para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos á axuda recibida. De acordo co disposto na Lei orgánica 3/2018 de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados serán tratados pola Entidade Local coa finalidade de poder atender a solicitude. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, e só poderán ser cedidos nos casos contemplados na Lei. Os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos poden exercerse usando o formulario de contacto da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

 

Artigo 16. Seguimento e control

Os/as solicitantes da axuda, no suposto de teren a condición de beneficiarios/as e para os efectos das actuacións de control das obrigas asumidas, estarán sometidos ao control, comprobación e inspección do Concello de Camariñas, que comportará a realización de todas as actuacións que se consideren oportunas para acreditar o cumprimento dos requisitos da axuda e, nomeadamente, para cumprir cos requisitos establecidos na décimo segunda, así como para a avaliación deste programa. Ademais facilitaranlle á Intervención Municipal, Tribunal de Contas e Consello de Contas toda a información que reclamen no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

 

Artigo 17: Incorporación ao Rexistro publico de subvencións e publicación da subvención concedida

En cumprimento do disposto no artigo 20.1 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e demais normativa de desenvolvemento, os datos da axuda concedida e a identificación da persoa beneficiaria, serán remitidas á Intervención Xeral do Estado, para que sexan incorporados á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), coa exclusiva finalidade prevista en dito precepto.

 

Disposición adicional primeira.

As axudas a empresas que se poidan conceder ao abeiro da presente convocatoria, sométense ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea á axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013).

ANEXO I

 

 

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CONSTRUÍNDO FUTURO

 

SOLICITUDE

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE

 

RAZÓN SOCIAL

NIF

 

 

ENDEREZO

 

COD POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

 

 

 

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

 

 

 

       

 

 

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

 

NOME

APELIDOS

NIF

 

 

 

 

 

DATOS PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

 

ENDEREZO ELECTRÓNICO

 

 

 

ENDEREZO POSTAL

 

COD POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

 

 

 

 

 

DATOS BANCARIOS

 

TITULAR DA CONTA

 

NÚMERO DE CONTA

IBAN

 

 

 

 

 

 

             

 

SUBVENCIÓN SOLICITADA

 

SOLICÍTASE UNHA AXUDA PARA A CONTRATACIÓN DE            PERSOA/S ALUMNA/S DO OBRADOIRO DE EMPREGO CONSTRUÍNDO FUTURO, A XORNADA COMPLETA, POR UN PERÍODO MÍNIMO DE 3 MESES, DA ESPECIALIDADE DE:

             Pavimentos e albanelería de urbanización

 

             Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

 

 

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA:

  1. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

     Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade para a que se solicita esta subvención.

     Si solicitou e/ou se lle concederon outras axudas para a mesma finalidade para a que se solicita esta subvención, que son as que a seguir se relacionan:

 

 

ORGANISMO

IMPORTE

 

 

 

 

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

  1. Que en relación coas axudas de minimis

     Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda de minimis

     Si solicitou e/ou se lle concederon outras axudas de minimis, que son as que a seguir se relacionan:

 

ORGANISMO

ANO

DISPOSICIÓN REGULADORA

IMPORTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas en réxime de minimis solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

  1. Que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
  2. Que o persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria é de           
  3. Que son certos cantos datos figuran na presente solicitude, que coñece as estipulacións da presente convocatoria e que cumpre os requisitos sinalados na mesma.
  4. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

  1. Non estar excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
  2. Que a entidade solicitante cumpre os requisitos establecidos para obter a condición de beneficiaria segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; especificamente, estar ao día no cumprimento dos obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

 

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA:

        DNI/NIE da persoa representante

        NIF da entidade solicitante

        Poder para actuar en nome da entidade

        Certificación bancaria do número de conta

         Certificado de estar ao corrente coas obrigas tributarias, seguridade social

 

 

PROTECCIÓN DE DATOS:

 

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE CAMARIÑAS, con enderezo en praza da Insuela, 57, 15123 - Camariñas (A Coruña); correo@camarinas.net. O Delegado de Protección de Datos do concello de Camariñas é o concello de Camariñas, co que o que poderá contactar en correo@camarinas.net. Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por deber legal.. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como oporse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitara portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, o concello de Camariñas dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos solicitándoa por correo electrónico: correo@camarinas.net

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

 

Convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado do Obradoiro de Emprego CONSTRUÍNDO FUTURO

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen las bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2021.(DOG núm. 22, de 03 de febreiro de 2021)

 

 

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

 

Lugar e data

 

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

 

ANEXO II

 

 

 

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DO ALUMNADO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CONSTRUÍNDO FUTURO

 

 

XUSTIFICACIÓN

 

SOLICITANTE:

 

RAZÓN SOCIAL

NIF

 

 

ENDEREZO

 

COD POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

 

 

 

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

 

 

 

       

 

 

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

 

NOME

APELIDOS

NIF

 

 

 

 

 

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA:

 

  1. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

 

     Non ter solicitado ou concedida ningunha outra axuda para a mesma finalidade.

 

     Ter concedido ou solicitado outras axudas para a mesma finalidade:

 

ORGANISMO

IMPORTE

 

 

 

 

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

 

 

  1. Que en relación coas axudas de minimis

 

    Non ter solicitado ou concedida ningunha outra axuda de minimis.

 

     Ter concedido ou solicitado outras axudas de minimis, que son as que a seguir se relacionan:

 

ORGANISMO

ANO

DISPOSICIÓN REGULADORA

IMPORTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así mesmo, comprométese a comunicar inmediatamente cantas axudas en réxime de minimis solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

  1. Que o incremento do emprego neto da empresa respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación foi de:                                                        

 

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA:

 

          Copias dos contratos de traballo obxecto da subvención

 

          Alta e baixa na Seguridade social

 

          Certificados de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social e coa Admón. Pública da comunidade Autónoma.

 

 

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas.

 

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

Opóñome á consulta

Certificado de estar ao corrente coa Axencia Tributaria

 

Certificado de estar ao corrente coa Seguridade Social

 

Certificado de estar ao corrente coa ATRIGA

 

 

PROTECCIÓN DE DATOS:

 

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE CAMARIÑAS, con enderezo en pza. da Insuela, 57, 15123 - Camariñas (A Coruña); correo@camarinas.net. O Delegado de Protección de Datos do concello de Camariñas é o concello de Camariñas, co que o que poderá contactar en correo@camarinas.net. Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por deber legal.. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como oporse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitara portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para elo, o concello de Camariñas dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos solicitándoa por correo electrónico: correo@camarinas.net

 

 

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

 

Lugar e data

 

 

 

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

 

 

Camariñas, 6 de xullo de 2022

O Alcalde en funcións

Sergio Caamaño Fernández


Xustificantes de Publicación: