Sede electrónica Concello de Camariñas

14:48:24 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Prórroga de licenza de obras

O procedemento de "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • Copia da licena de obras concedida polo Concello e cuxa prórroga se pretende solicitar.
  • Informe fotográfico do estado de execución das obras.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

 

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Departamento de Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Art. 43 da Lei 30/1992.

Prazo de execución: O establecido no acordo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.