Sede electrónica Concello de Camariñas

13:48:23 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de animais perigosos

O procedemento de "rexistro de animais perigosos" ten por obxecto a regulación da concesión e renovación das licencias administrativas para a tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos, ós que se refire o Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula la Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos e a inscrición na Sección Local do Rexistro Galego de Animais de Compañía.

 

Están obrigados á obtención de Licencia Municipal para a tenencia de animais clasificados como potencialmente perigosos os propietarios ou tenedores dos mesmos incluídos no Padrón de Habitantes, así como os establecementos ou asociacións, con sede neste municipio, que alberguen animais potencialmente perigosos ós que se refire o Decreto 90/2002 de 28 de febreiro da Comunidade Autónoma Galega e se adiquen á súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollida, residencia, centros recreativos e establecementos de venda colocados neste municipio.
Os titulares da licencia municipal están obrigados a efectuar a inscripción do animal no Rexistro Municipal do Concello de residencia habitual do animal, no prazo de quince días contados a partir da obtención da licencia, tal e como se recolle no artigo 6.2 da Lei 50/1999 e 4.1 do Decreto 90/2002. Tamén será obrigatoria, a instancia do interesado, a inscrición no rexistro municipal cando se efectúe o traslado dun animal potencialmente perigoso a este municipio, sexa con carácter permanente ou por período superior a tres meses, debendo proceder á inscrición no prazo máximo de dez días a contar dende o inicio da residencia no municipio.
 

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Para a obtención da licencia administrativa con destino á tenencia de calesquera animais clasificados como potencialmente perigosos será necesario o cumprimento dos seguintes requisitos:
  1. Ser maior de idade e non estar incapacitado para proporcionar os coidados necesarios ó animal.
  2. Non haber sido condenados por delictos de homicidio, lesións, torturas contra liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenencia de animais potencialmente perigosos.
  3. Non haber sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das prevista no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999 de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico de animais potencialmente perigosos. Non obstante, non será impedimento para a obtención ou, no seu caso, renovación da licencia, haber sido sancionado coa suspensión temporal da mesma, sempre que, no momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta fora cumprida integramente.
  4. Dispoñer de certificado de aptitude psicolóxica e de capacidade física para a tenencia de animais potencialmente perigosos.
  5. Acreditar a formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros que poidan causar os seus animais na contía mínima de 125.000 Euros.

No caso de que a licencia sexa para animais salvaxes en catividade, esixirase ademáis unha memoria descriptiva das instalacións e medidas de seguridade utilizadas para impedir a fuxida dos animais conforme ó artigo 3.4 do Decreto 90/2002.

  • No Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos, faranse constar, de conformidade co establecido no artigo 4.2 do Decreto 90/2002, como mínimo, os seguintes datos:

Datos do animal:

  1. Número do microchip (a identificación definitiva con microchip é obrigatoria sen execepcións).
  2. Nome do animal.
  3. Especie.
  4. Raza (no caso de cans).
  5. Sexo.
  6. Características externas (descripción da capa, tipo e cor da pel...).
  7. Data de nacemento.Aptitude (función do animal): compañía, garda, defensa, caza,...etc.
  8. Causa de inclusión no Rexistro (sinalar supostos artigo 2.2 do Decreto 90/2002).
  9. Enderezo habitual do animal.
  10. Data de adquisición do animal.
  11. Forma de adquisición do animal (cría, doazón, traspaso, venda, outras).
  12. Observacións.

Datos do propietario, tenedor ou posuidor:

  1. D.N.I
  2. Nome e apelidos.
  3. Enderezo habitual.
  4. Teléfonos de contacto.
  5. Licencia administrativa: número, data de expedición e Concello de expedición.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Rexistro de animais perigosos.

Unidade tramitadora: Secreataría Xeral.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Art. 43 da Lei 30/1992.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                   Presencial.