Sede electrónica Concello de Camariñas

13:58:01 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Rexistro de unións civís

O procedemento de "rexistro de unións civís" regula a formalización e inscrición no correspondente rexistro das unións estables constituídas por persoas de distinto ou do mesmo sexo, así como as modificacións e remate da devandita unión, calquera que sexa a causa.

Persoas físicas que desexen formalizar unha unión de carácter estable. As dúas persoas deberán estar empadroadas no mesmo domicilio do Concello de Camariñas.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Inicar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de rexistro de unión civil.
  • DNI/NIE dos contraentes.
  • Certificado de estado civil.
  • Declaración de non ter relación de parentesco.
  • Declaración de non estar incapacitado para emitir o consentemento necesario.

Nome: Rexistro de unións civís.

Unidade tramitadora: Secretaría Xeral.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Art. 43 da Lei 30/1992.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.