Sede electrónica Concello de Camariñas

13:53:22 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento de "servizo de axuda a domicilio (SAF)" é un servizo social que presta un conxunto de atencións, desde unha perspectiva integral e normalizadora, aos individuos e familias no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñen limitada a súa autonomía por motivos físicos, psíquicos e sociais, ou nos casos de desintegración familiar.

Todas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Camariñas. A valoración técnica das solicitudes é a que dirá cales das solicitudes reúnen os requisitos para acceder ao SAF.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ás dependencias da SSSS, na Casa de Pedra, nestes casos solicitarase cita previa coa traballadora social que será a profesional que en primeira instancia faga unha valoración da ideonidade deste recurso.

  • Solicitude de axuda a domicilio (SAF).
  • Art. 12 do Regulamento do servizo municipal de axuda no fogar no Concello de Camariñas (SAF).

Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Art. 43 da Lei 30/1992.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.