Sede electrónica Concello de Camariñas

15:22:03 Luns 18 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de reserva de instalacións

O procedemento "solicitude de reserva de instalacións" ten por obxecto a xestión das solicitudes de reserva de instalacións municipais por parte da cidadanía.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe reservar unha instalación municipal.

Non obstante para o uso libre debe cumprirse co preceptuado no art. 5 do Regulamento de uso de instalacións deportivas. No caso de entidades e clubs estes deberán de cumprir o preceptuado no art. 25 do Regulamento de uso de instalacións deportivas.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática podrá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de reserva de instalacións municipais.
  • Certificado federativo (equipos e atletas federados). En caso de reserva para equipos deportivos e atletas federados, é necesario o certificdo federativo, no que se indique o número de equipos inscritos, ou número de licenzas tramitadas, con independencia de que se trate de deporte colectivo ou individual.
  • Cando se trate de cursos, clases e outras actividades organizadas deberá solicitarse de cumprirse co preceptuado no art. 18 do Regulamento de uso de instalacións deportivas.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de reserva de instalacións municipais.

Unidade tramitadora: Departamento de Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Reposición e Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar o art. núm 6 da ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                     Presencial.