Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

08:12:38 Martes 16 de julio 2024

Información

TESORERIA

06/05/2024

RECTIFICACIÓN DECRETO 312/2024 DE COPAGAMENTO USUARIOS SAF MARZO DE 2024

EXP: 2024/G003/000367

ANUNCIO PUBLICADO NO BOP Nº 87 EN DATA 06-05-2024
ANUNCIO DE COBRANZA  RECTIFICADO
 Con data 16/04/2024 por esta Alcaldía aprobouse  inicialmente a LISTA COBRATORIA DO COPAGAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF), CORRESPONDENTE AO MES DE MARZO  2024 E PUBLICOUSE ANUNCIO DE DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO EN DATA 29/04/2024 ( BOP Nº 83).
Tras a publicación do dito anuncio, detectouse un erro material no dato do importe total do padrón, que ascende a  un total de 5.173,17 €, mentras que no citado anuncio e acordo de aprobación fíxose constar 5.083,07. Mediante decreto nº 351/2024 , rectificouse o dito erro material e procedeuse a ordenar a publicación do acordo de rectificación no BOP da provincia e  tablón de edictos.
 Mes de MARZO  do ano 2024 (128  usuarios por importe total de 5.173,17  euros).
Os listados dos  prezos públicos aprobados seguen expostos ao público nas oficinas do Concello de Camariñas durante 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións.  O prazo de presentación de alegacións ou reclamacións, superponse co de cobranza establecido na ordenanza reguladora do prezo público, significando que só se deterá a acción de cobranza, en relación cos obrigados ao pago que efectúen alegacións, sen que afecte aos restantes obrigados. O prazo de cobro en vía voluntaria para estes comezará dende que se resolva a súa reclamación.
Esta exposición, por prazo de quince días dende a correspondente publicación, servirá de notificación colectiva a tódolos obrigados ao pago, conforme se determina no artigo 45 da LPACAP.
Todos os interesados poderán interpor RECURSO DE REPOSICIÓN ante a Alcaldía, segundo o disposto no artigo 108 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo DUN MES contado dende o día seguinte ó remate da exposición ó público da Listaxe de usuarios. A interposición do recurso non suspende a eficacia dos prezos públicos correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.
 O prazo de cobro en período voluntario é o determinado na ordenanza reguladora do prezo público no seu artigo 8º, no que se establece o seguinte ( transcribo);
“Artigo 8.–Nacemento da obriga de pago.
A obriga de pagar os prezos públicos nace, en xeral, dende que se inicie a prestación do servizo e deberá facerse efectivo de acordo coas seguintes normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo durante a primeira quincena do mes seguinte.
2. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.”
De vir devolto o recibo, conforme se determina no artigo 2.2 do TRLFL,  iniciarase o período executivo que determina o dereito a percibir o recargo de prema e demais, de acordo co previsto nos artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades de depósito para que sexan cargadas nas contas dos seus clientes.

 Camariñas, 30 de abril  de 2024
 A Alcaldesa
 Sandra Insua Rial

 


Justificantes de Publicación: