Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

17:54:39 Sábado 21 de diciembre 2024

Información

MOSTRA DO ENCAIXE

10/12/2024

DESIGNACIÓN XURADO SELECCIÓN MEMORIAS DO XXXI CONCURSO NOVEIS DESEÑADORES DE MODA

EXP: 2024/A002/000003

ANUNCIO

DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXXI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 10 DE DECEMBRO DE 2024.

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía  de data 10 de decembro de 2024, que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: DESIGNACIÓN DO XURADO DE SELECCIÓN DE MEMORIAS PRESENTADAS NO XXXI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA.

EXPEDIENTE: 2024/A002/000003

De conformidade co disposto na Base 6ª das bases do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas por Decreto de Alcaldía do 27 de agosto de 2024 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 168 do 2 de setembro de 2024, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado de selección de memorias presentadas, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidenta: Mª del Rosario Carrillo Vascoy, deseñadora.

Suplente da Presidenta: Dª Ana Cabranes Álvarez, deseñadora.

Vogais: Dª Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe.

Dª Noemí Toba Martínez, adxunta a Dirección da Mostra.

Vogal Suplente: Dª Alianza Trillo Cabrejo, persoal laboral do Concello.

Secretaria: Dª María Jimenez Sánchez, persoal laboral do Concello.

Secretario suplente: D. Juan José Canosa Canosa , persoal laboral do Concello.

Segundo.- Que o Xurado se reúna para a súa constitución e para a selección de memorias presentadas, o próximo venres, día 13 de decembro de 2024, ás 9:30 horas, na Casa do Concello de Camariñas.

Terceiro.- Publicar o presente decreto no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello de Camariñas.

Cuarto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do xurado.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: