Declaración de inoperativa da bolsa de emprego de operario condutor do camión do lixo
EXP: 2023/E001/000010
ANUNCIO
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS: 17 DE DECEMBRO DE 2024.
Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía núm. 1020/2024 data 16/12/2024 mediante o cal se declara inoperativa a Bolsa de emprego de persoal laboral temporal de condutor camión do lixo, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET), decreto que se transcribe a continuación:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: DECLARACIÓN DE INOPERATIVA DA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE CONDUTOR CAMIÓN DO LIXO APROBADA POR DECRETO DA ALCALDÍA DE DATA 13 DE NOVEMBRO DE 2023.
EXPEDIENTE.- 2023/E001/000010
Considerando que por Decreto da alcaldía de data 13 de novembro de 2023, se resolve aprobar a listaxe e orde definitiva dos integrantes da bolsa de emprego de persoal laboral temporal de condutor camión do lixo, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET), constituída por dous candidatos.
Resultando que constan os seguintes ANUNCIOS formulados os integrantes da referida bolsa:
ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE ASPIRANTES BOLSA DE EMPREGO CONDUTOR CAMIÓN LIXO DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 2 DE DECEMBRO DE 2024. PROCEDEMENTO: BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN NA MODALIDADE DE SUBSTITUCIÓN DUN CONDUCTOR CAMIÓN DO LIXO, GRUPO V, (ARTIGO 15.1.C DO TRLET).
ANUNCIO DE CHAMAMENTO DE ASPIRANTES BOLSA DE EMPREGO CONDUTOR CAMIÓN LIXO DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 5 DE DECEMBRO DE 2024.
Visto que conforme o Decreto da alcaldía Nº 1002/2024 do 12 de decembro de 2024, consta que non foi posible cubrir a baixa médica deste traballador a través da bolsa de emprego de persoal laboral temporal de condutor camión do lixo aprobada por decreto da alcaldía de data 13/11/2023, xa que os aspirantes que figuran na bolsa non están dispoñibles neste momento.
Vistas as atribucións conferidas a esta Alcaldía de conformidade co artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, polo presente,
ACORDO:
Primeiro.- Declarar inoperativa a Bolsa de emprego de persoal laboral temporal de condutor camión do lixo, grupo V para substitución (artigo 15.1.C do TRLET), constituída por dous candidatos, en base o indicado na parte expositiva, a saber, logo de chamamentos non foi posible a cobertura da baixa médica dun traballador.
Segundo.- Facer público o presente decreto mediante a súa publicación no BOP, e a efectos meramente informativos, no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Terceiro.- Que se inicien os trámites oportunos para formación dunha nova Bolsa que permita a substitución e obxectivos da mesma.
Cuarto.-Dar conta deste decreto ao Pleno do Concello, na próxima sesión ordinaria que se celebre.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública”.
Camariñas, 17 de decembro de 2024
A Alcaldesa,
Sandra Insua Rial