NOMEAMENTO DE FUNCIONARIA INTERINA COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS
EXP: 2023/E001/000012
ANUNCIO
NOMEAMENTO DE Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ COMO FUNCIONARIA INTERINA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 24 DE XANEIRO DE 2025
A Alcaldía ditou en data 24 de xaneiro de 2025, o Decreto que a continuación se transcribe:
“DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: NOMEAMENTO DE Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ COMO FUNCIONARIA INTERINA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS.
EXPEDIENTE DECRETO: 2025/G003/000053
EXPEDIENTE DE ORIXE: 2023/E001/000012
Vista a necesidade de cubrir temporalmente a praza de COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS, con código 5100, Grupo A2, posto que a pesoa titular da mesma ten solicitado desfrutar de asuntos propios, vacacións e permiso de xubilación durante o período do 2 de xaneiro ao 11 de abril de 2025.
Vistas as bases reguladoras publicadas no BOP nº 243 do 22/12/2023 para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionario/a interino/a do grupo A, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica: coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas co obxecto da substitución transitoria durante o tempo estritamente necesario conforme aos motivos sinalados no artigo 10.1.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Vista a aprobación da bolsa de emprego para proceder á provisión temporal de prazas mediante o nomeamento de funcionarios interinos da escala de administración especial, subescala técnica, coordinador/a servizos sociais do Concello de Camariñas publicada no BOP nº 49 do 8/3/2025, na que consta a listaxe e orde definitiva de chamamento dos integrantes da mesma.
Resultando que a Base 13 que rexe o procedemento, literalmente regula:
Realizado o chamamento e presentada a documentación polo interesado a Sra. Alcaldesa efectuará o nomeamento, a favor da persoa candidata proposta, como funcionario/a interino/a. O nomeamento deberá ser notificado ao interesado/a, o cal deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de tres días hábiles, contado desde a data de notificación, tendo en conta que dito nomeamento realizarase con carácter de interinidade vinculado á circunstancia que deu lugar á súa selección.
O cese da persoa funcionaria interina seleccionada producirase pola causas indicadas nas presentes bases mediante a sinatura da correspondente acta de cese. A resolución de nomeamento deberá igualmente ser publicada no taboleiro do Concello co réxime de recursos que proceda.
Vista a relación de persoal da bolsa de traballo aprobada, na que figura en primeiro lugar Dª Cristina Santos Díaz.
Á vista, pois, do exposto e que pola intervención municipal se ten emitido o preceptivo certificado de existencia de crédito é polo que en uso das facultades que me confire o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Nomear a Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ, como funcionaria interina da escala de Administración Especial, Subescala Técnica, COORDINADORA SERVIZOS SOCIAIS, polos motivos sinalados no artigo 10. 1 c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do estatuto básico do empregado público (TREBEP) é dicir; a substitución transitoria da titular.
Segundo: De conformidade coa Base 3ª que rexe no procedemento de selección para creación da bolsa, o seu cese producirase no momento en que desaparezan as causas que xustificaron o seu nomeamento, sen prexuízo do previsto no art. 63 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP).
Terceiro.- Advertir que de conformidade coa Base 13, Dª CRISTINA SANTOS DÍAZ, deberá tomar posesión dentro do prazo máximo de tres días hábiles, contado desde a data de notificación, tendo en conta que dito nomeamento realizarase con carácter de interinidade vinculado á circunstancia que deu lugar á súa selección.
Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas, coa indicación expresa dos recursos que cabe interpor contra presente resolución, a saber, o acordo pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Si optásese por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vd. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe polo 1º Tenente de alcaldesa, (en virtude do Decreto de delegación de funcións emitido pola Sra. alcaldesa Sandra Insua Rial) ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública.”
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe polo alcalde en funcións Dª Sergio Caamaño Fernández.