Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

14:03:49 Sábado 19 de abril 2025

Información

MOSTRA DO ENCAIXE

15/04/2025

DESIGNACIÓN MEMBROS XURADO OFICIAL DO XXXI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES MODA

EXP: 2024/A002/000003

ANUNCIO

DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXXi CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2025.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE ABRIL DE 2025.

Publícase para xeral coñecemento o Decreto da Alcaldía  de data 15 de abril de 2025, que a continuación se transcribe:

 “DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO XURADO OFICIAL DO XXXi CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES DE MODA - MOSTRA DO ENCAIXE 2025.

EXPEDIENTE: 2024/A002/000003

De conformidade co disposto na Base 8ª das bases do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 27 de agosto de 2024 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 168 de luns 2 de setembro de 2024, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro.- Designar aos membros do xurado oficial que ditaminará o 1º, 2º, 3º e 4º premios de deseño do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda que terá lugar durante a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, quedando este integrado do seguinte xeito:

Presidente: Modesto Lomba Caneda, deseñador.

Vogais: Dolores Font Cortés, deseñadora.

Maria del Rosario Carrillo Bascoy, deseñadora.

Ana Álvarez Llera Cabranes, deseñadora.

Francisco Basteiro Salgado, deseñador.

Claudina Jímenez Mata, deseñadora.

Jose García Mateos, deseñador.

Secretaria: Dª María Dolores Lema Mouzo, Directora da Mostra do Encaixe

Segundo.- Que o xurado se reúna para a súa constitución e para determinar os catro premios do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, o próximo venres, día 18 de abril de 2025, no recinto da Mostra do Encaixe.

Terceiro.- Publicar o presente decreto na páxina web do Concello de Camariñas e en medios de prensa.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública.”

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: