(MODIFICACIÓN) REGULAMENTO CEMITERIO DE CAMARÑAS
EXP: 2025/G013/000001
Anuncio publicado no BOP nº 105 de data 04/06/2025
ANUNCIO
APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO CEMITERIO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.
O Pleno do Concello de Camariñas, en sesión ordinaria celebrada o 28 de maio de 2025 adoptou o acordo de aprobar inicialmente o Regulamento do Cemiterio Municipal de Camariñas.
Someter dito Regulamento á información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de trinta días para que poidan presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación.
Simultaneamente, publicar o texto do Regulamento no portal web do Concello co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.
De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo, considerarase aprobado definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo Pleno e o Acordo de aprobación definitiva tácita do Regulamento, co texto íntegro da mesma, publicarase para o seu xeral coñecemento no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello.
Ademais, remitirase á Administración do Estado e ao Departamento correspondente da Comunidade Autónoma, no prazo de quince días, a certificación que acredite a elevación a definitiva da aprobación inicial, así como copia íntegra autenticada.
En Camariñas, a 29 de maio de 2025
A Alcaldesa:
Asdo: Sandra Insua Rial