Acta resolución de alegacións bolsa auxiliar administrativo
EXP: 2025/E001/000003
ACTA DO TRIBUNAL CORRESPONDENTE AO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A PROVISIÓN, MEDIANTE OPOSICIÓN, DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA A PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.
En Camariñas, a 10 de xuño de 2025, sendo as 9:30 horas, no salón de plenos do Concello de Camariñas, reúnese o Tribunal Cualificador proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante oposición, dun funcionario/a interino/a para a praza de auxiliar administrativo/a do Concello de Camariñas, tribunal designado polo Decreto da Alcaldía de data 12/05/2025 e do que se encontran presente os seguintes membros:
Presidenta: Dª María Emilia García Maneiro, Interventora do Concello de Camariñas.
Vogais:
Dª. Gema Leal Insua, Tesoureira do Concello de Camariñas.
D. Miguel Ángel Hermida Carballo, auxiliar administrativo do Concello de Vimianzo
D. Felix Roget Pérez, auxiliar administrativo do Concello de Vimianzo
Secretaria: Dª Alicia Queiro Pérez, Técnica de Xestión Económica do Concello de Camariñas.
Dada a presenza da presidenta, da secretaria así como dos vogais, considéranse cumpridos os requisitos para a válida constitución e actuación do tribunal, , polo que este procede a examinar as alegacións presentadas sobre as preguntas do exame tipo test pola aspirante, Dona Saira Castiñeira Rey.
Alegacións que se transcribe literalmente a continuación:
“ Yo, Saira Castiñeira Rey, con dni 78804441R después de realizar el examen tipo test para la formación de una bolsa de empleo para la provisión, mediante funcionario interino de una plaza de auxiliar administrativo del ayuntamiento de Camariñas
Expongo que:
C) La pregunta nº13 entendemos que el Estatuto de Autonomía de Galicia como tal no se encontraba en el anexo del temario para dicha convocatoria. “
O tribunal acorda, por unanimidade das persoas que o integran:
- Respecto á alegación relativa á pregunta nº 2, procede desestimar a alegación, tendo en conta a literalidade da norma a resposta correcta é a B.
Dacordo co artigo 23.2 da lei 7/85 de 2 de abril Reguladora de Bases de Réxime Local, o cal se reproduce a continuación. “Corresponde a la Junta de Gobierno Local: a) La asistencia al Alcalde en el ejercicio de sus atribuciones, b) Las atribuciones que el Alcalde u otro órgano municipal le delegue o le atribuyan las leyes.”
Polo tanto con independencia de que se trate ou non dun órgano obrigatorio (cuestión que non se está preguntando); a única resposta posible é a B.
- Respecto á pregunta nº 9, desestímase na medida có tempo foi establecido nas bases reguladoras, bases publicadas e que non foron recurridas, e as preguntas foron elixidas polo Tribunal, sendo unhas máis curtas que outras pero que permitían ser compensadas unhas con outras.
E por último en relación coa pregunta 13 acórdase estimar a reclamación, debido á que efectivamente o tema 3 recolle os Estatutos de Autonomía pero dunha forma xenérica, non facendo referencia especifica os Estatutos de Autonomía de Galicia .
Unha vez resoltas as alegacións, procede modificar a plantilla dos resultados do cuestionario, quedando anulada a pregunta nº 13, pasando a valorarse a pregunta de reserva nº 1 e que se publique a nova plantilla na sede electrónica do concello.
Acto seguido os membros do tribunal, acordan reunirse as 9:45 no salón de plenos do concello o 13 de xuño de 2025 , para abrir os sobres cos códigos e poder identificar os aspirantes para continuar co procedemento, fixando o segundo exame práctico o 18 de xuño de 2025 as 10:00 .
Seguidamente redáctase á acta da sesión dándose lectura a esta ante os membros do Tribunal sen que se realice ningunha observación polos asistentes polo que se autoriza coa sinatura da secretaría do órgano e o visto e prace da presidencia.
Non sendo outro o obxecto da reunión e non habendo máis asuntos que tratar, a presidenta levanta a sesión, sendo as 10:30 horas do día da data, do que como secretaria dou fe co visto e prace da Presidencia.
Vº e Prace A Secretaria,
A Presidenta,