Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

15:17:36 Miércoles 18 de junio 2025

Información

Administración Xeral

17/06/2025

Acta proceso selectivo bolsa emprego oposición auxiliar Museo

EXP: 2024/E001/000007

ACTA DO TRIBUNAL CORRESPONDENTE AO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE AUXILIAR DE MUSEO, GRUPO IV, XORNADA PARCIAL, PARA SUBSTITUCIÓN (BOP Nº 238 DE DATA 11-12-2024)

En Camariñas, a once de xuño de dous mil vinte e cinco , sendo as 8:00 horas, no salón de actos da Casa de Pedra (Avda. Coruña, núm. 5 – Camariñas), reúnese o Tribunal Cualificador das probas selectivas para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación na modalidade de substitución de auxiliar de Museo, como persoal laboral temporal, mediante oposición (BOP nº 238 de data 11-12-2024), tribunal designado polo Decreto da Alcaldía 1027/2024 e do que se encontran presente os seguintes membros:

Presidenta: Dª Mª Dolores Lema Mouzo, Persoal laboral do Concello.

Vogais:

D. Manuel Castiñeira Santos, persoal laboral do Concello.

D. José Manuel Tedín Tedín, persoal laboral do Concello.

D. Juan Ramón Canosa Ferreira, persoal laboral do Concello.

Secretaria: Dª. Mª Mercedes Búa Barrientos, persoal laboral do Concello.    

Dada a presenza da presidenta como da secretaria así como dos vogais, considéranse cumpridos os requisitos para a válida constitución e actuación do tribunal, polo que este procede:

Primeiro: A examinar, a través da lectura individual por cada un dos membros do tribunal, a lista definitiva dos aspirantes admitidos, a fin de verificar a existencia ou ausencia de causas de abstención e recusación dos arts. 23 e 24 da  Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e de non ter realizado tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas nos últimos cinco anos e de conformidade co disposto no art. 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 29 de outubro polo que se aproba a Lei do estatuto Básico do Empregado Público que esixe que a pertenza aos tribunais de selección o sexa a título individual e non se actúa en representación e por conta de ninguén. Non concorrendo ningunha delas en ningún dos membros do tribunal, segundo manifestación de cada un deles.

Segundo: A presidenta do Tribunal recorda a todos os membros do tribunal o deber de sixilo profesional e confidencialidade dos asuntos e dos datos que se tratan como consecuencia da súa participación como membros deste e da obriga de gardar un absoluto sixilo profesional en todas as materias que non sexan de publicación oficial e aquelas que aínda séndoo, non fosen publicadas aínda, co obxectivo de evitar calquera filtración.

A continuación procédese, de conformidade coa base 7ª da convocatoria, a confección do  do 1º exame: Exame tipo test, establecéndose 20 preguntas con respostas alternativas, 3 opcións de resposta, sobre as materias obxecto de temario que figuran no anexo II.

A continuación tamén de conformidade coa base 7ª da convocatoria, se procede a confección do 2º exame: Proba práctica, que consistirá en preguntas relativas aos puntos básicos do Encaixe de Camariñas, bens de interese cultural do Concello de Camariñas, planificación, programación e desenvolvemento dunha visita dun grupo de vinte persoas ao Museo de Encaixe e ademais de que se realice un curso de iniciación a palillar.

A continuación tamén de conformidade coa base 7ª da convocatoria, se procede a confección do 3º exame: Coñecemento de lingua galega aos aspirantes que non presentaron o certificado acreditativo do Celga 4 ou equivalente, que consistirá na tradución directa do castelán ao galego de cinco frases.

A continuación o tribunal acorda por unanimidade:

Primeiro: Que unha vez os aspirantes finalicen os exercicios e antes da súa entrega deberán asinar todas as follas no momento que lle sexa entregado polo tribunal.

Segundo: Advertir ao inicio da primeira proba que é intención do tribunal se é posible, por razóns de tempo, que todos os exercicios se celebren na mesma xornada, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración deles, e que en todo caso se procederá á lectura do primeiro exercicio no día de hoxe.

Ás 09.00 horas comeza o chamamento dos aspirantes por orde alfabética, empezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra “H” conforme ao sorteo que realizou a Consellería de Facenda para o ano 2024 (DOG número 29, de data 9 de febreiro de 2024).

ASPIRANTE                                                Admitidos         Motivo da non admisión

LAGO SOMOZA, VANESA                             NON              NON SE PRESENTA       

LÓPEZ MONTOYA, JUAN                              NON              NON SE PRESENTA       

LÓPEZ OTEYZA, GENS CIBRAO                  NON              NON SE PRESENTA         

MOUZO PASANTES, ROSA Mª                      SI                                          

RIESTRA PUGA, CARMEN Mª                        NON              NON SE PRESENTA       

VÁZQUEZ LIÑEIRA, JORGE                          SI                                                 

BARROS LÓPEZ, VIRGINIA                          SI                                          

CABALEIRO CAMESAÑA, PAULA                 NON              NON SE PRESENTA

A continuación a Presidenta do Tribunal Dª. Mª Dolores Lema Mouzo dá aos aspirantes as oportunas instrucións sobre a proba e lles comunica os acordos adoptados polo tribunal (os dous últimos antes sinalados).

O exercicio comeza ás 09:06 horas e dáse por finalizado ás 09:19 horas, téndose entregado por todos os participantes o exercicio.

Así pois os aspirantes que superan o exercicio e que continúan no procedemento son os seguintes:

APELIDOS E NOME                                                PUNTUACIÓN

MOUZO PASANTES, ROSA Mª                           20,00

VÁZQUEZ LIÑEIRA, JORGE                              19,00

BARROS LÓPEZ, VIRGINIA                               19,00

Que os aspirantes que superan o exercicio e que polo tanto continúan no procedemento (aptos) son os seguintes:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

MOUZO PASANTES, ROSA Mª

APTO

VÁZQUEZ LIÑEIRA, JORGE

APTO

BARROS LÓPEZ, VIRGINIA

APTO

 

A continuación sendo as 10:09 horas e na mesma dependencia na que se realizou a proba se procede ao chamamento dos aspirantes polo seu nome completo e por orde alfabético, comezando pola letra “H”, compróbase a súa identidade mediante a presentación do DNI para a realización do segundo exercicio exercicio.

Finalizada a proba práctica o tribunal por unanimidade dos membros acorda outorgar as seguintes puntuacións:

 

MOUZO PASANTES, ROSA Mª

VÁZQUEZ LIÑEIRA, JORGE

BARROS LÓPEZ, VIRGINIA

PREGUNTA 1.A)

1,25

0,00

0,00

PREGUNTA 1.B)

1,75

0,00

0,00

PREGUNTA 2.A)

0,20

0,10

0,15

PREGUNTA 2.B)

0,80

0,25

0,80

PREGUNTA 2.C)

1,00

0,00

1,00

PREGUNTA 3.A)

0,80

0,00

0,00

PREGUNTA 3.B)

0,90

0,20

0,80

PREGUNTA 3.C)

2,50

0,00

1,75

TOTAL

8,40

0,55

4,50

Que os aspirantes que non superan o exercicio e que polo tanto quedan excluídos do procedemento (non aptos) son os seguintes:

APELIDOS E NOME

PUNTUACIÓN

VÁZQUEZ LIÑEIRA, JORGE

NON APTO

BARROS LÓPEZ, VIRGINIA

NON APTO

A continuación, realizarase a última proba os aspirantes que non presentaron certificado acreditativo de Celga 4 ou equivalente.

APELIDOS E NOME                                  PUNTUACIÓN

MOUZO PASANTES, ROSA Mª                              APTA

A continuación procédese á suma das notas dos dous exercicios sendo o resultado seguinte:

ASPIRANTE                                                                                                  NOTAS        

MOUZO PASANTES, ROSA Mª                                                           28,40

Polo que o Tribunal por unanimidade dos membros acorda:

Primeiro: Propoñer á Alcaldía que se proceda a formalización/aprobación do seguinte listado de aprobados para a creación dunha bolsa de emprego para a tramitación de nomeamentos da praza de auxiliar de Museo, na orde de chamamento segundo a puntuación final, de maior a menor obtida polos aspirantes aprobados que a continuación se indica:

ORDE DE
 CHAMAMENTO

APELIDOS E NOME

TOTAL

MOUZO PASANTES, ROSA Mª

28,40

 

 

 

 

Segundo: Dar traslado da correspondente acta á Alcaldía aos efectos do previsto na base novena da convocatoria que regula o proceso selectivo.

Terceiro: Facer público o resultado da oposición mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas

Seguidamente redáctase á acta da sesión dándose lectura a esta ante os membros do Tribunal sen que se realice ningunha observación polos asistentes polo que se autoriza coa sinatura da secretaría do órgano e o visto e prace da presidencia.

Non sendo outro o obxecto da reunión e non habendo máis asuntos que tratar, a presidenta levanta a sesión, sendo as 14:00 horas do día da data, do que como secretaria dou fe co visto e prace da Presidencia.

Vº e Prace                                                                       A Secretaria,

A Presidenta,                                      


Justificantes de Publicación: