Anuncio final
EXP: 2025/E001/000004
ANUNCIO
ASUNTO: APROL - PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (APROL RURAL 2025) e requirimento de documentación.ANUNCIO
EXPEDIENTE: 2025/E001/000004
DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 9 DE XULLO DE 2025
De conformidade co disposto na Base 8ª da Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/dunha técnico/a responsable do servizo de “Prevención de incendios nas faixas secundarias ” ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 5 de marzo pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G), faise público o Decreto da Alcaldía de data 9 de xullo de 2025, decreto que a continuación se transcribe:
“ DECRETO DA ALCALDÍA
Asunto: APROL - ACEPTACIÓN DA PROPOSTA DE CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A RESPONSABLE DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS NAS FAIXAS SECUNDARIAS AO ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL (APROL RURAL 2025) e requirimento de documentación.
EXPEDIENTE: 2025/E001/000004
Vista a acta e a proposta do Tribunal Cualificador do proceso de selección, mediante concurso, dun/dunha técnico/a responsable do servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias ao abeiro da subvención concedida no marco da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 5 de marzo pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025 (código de procedemento TR351G).
Considerando que a proposta de contratación de técnico que fai o tribunal basease na puntuación final obtida polos aspirantes, aplicándose no caso de empate o reflexado nas bases da convocatoria, sendo o proposto o primeiro/a aspirante da listaxe ordenada por puntuacións finais, isto é:
NÚM. |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
1 |
BARCIA DOPAZO, GUSTAVO VALENTÍN |
2,5 |
2 |
LÓPEZ DE LA OSA MANSO, JAVIER |
0 |
3 |
SÁNCHEZ MOSTEIRO, MANUEL |
0 |
Visto que así mesmo o tribunal ten elevado a correspondente listaxe por orde decrecente de puntuación totais/finais do/s aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo, aos efectos da creación dunha bolsa de emprego.
Visto, pois, o disposto na base 8ª da convocatoria, en uso das competencias que me atribúe o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
ACORDO:
Primeiro: Aceptar a proposta realizada polo tribunal cualificador de contratación de D. Gustavo Valentín Barcia Dopazo para o posto técnico/a responsable do servizo de prevención de incendios nas faixas secundarias
Segundo: Requirir ao aspirante proposto, D. Gustavo Valentín Barcia Dopazo , para que dentro do prazo máximo de 3 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, proceda a presentar a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.
Terceiro: Aos efectos do previsto na Base 8ª da convocatoria, acéptase a listaxe de aspirante/s que non acadaron a maior puntuación final e que non teñen dereito a formalización do contrato de traballo e queda establecida a seguinte bolsa de traballo:
ORDE DE CHAMAMENTO |
APELIDOS E NOME |
PUNTUACIÓN |
2 |
LÓPEZ DE LA OSA MANSO, JAVIER |
0 |
3 |
SÁNCHEZ MOSTEIRO, MANUEL |
0 |
Cuarto: Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello e a efectos meramente informativos na sede electrónica do Concello de Camariñas.
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria acumulada, que asino aos únicos efectos de fe pública.”
Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura a marxe pola alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.