Sede electrónica Ayuntamiento de Camariñas

23:57:44 Miércoles 15 de octubre 2025

Información

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

15/10/2025

Anuncio aprobación listaxe definitiva aspirantes admitidos e excluídos AEDL e convoatoria aspirantes

EXP: 2025/E001/000002

ANUNCIO

aprobación de ListaXE DEFINITIVA de aspirantes admitidos/as E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, GRUPO A2 PARA SUBSTITUCIÓN (ARTIGO 10.1.B DO TREBEP) E CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS PARA REALIZACIÓN de EXERCICIOs DA OPOSICIÓN.

DATA DE PUBLICACIÓN NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO: 15 DE OUTUBRO DE 2025.

ExpTE. TEDEC: 2025/E001/000002

De conformidade co disposto na Base 5ª da Convocatoria de selección para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación na modalidade de substitución dun axente de emprego e desenvolvemento local, grupo A2, como persoal  funcionario interino, faise público o Decreto da Alcaldía núm. 811/2025 de data 15 de outubro de 2025, mediante o cal se aproba a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, decreto que a continuación se transcribe:

“DECRETO DA ALCALDÍA

Asunto: aprobación de ListaXE definitiva de aspirantes admitidos/as E EXCLUÍDOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO, MEDIANTE OPOSICIÓN, DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, GRUPO A2 PARA SUBSTITUCIÓN (ARTIGO 10.1.B DO TREBEP) E CONVOCATORIA DE ASPIRANTES ADMITIDOS PARA REALIZACIÓN de EXERCICIOs DA OPOSICIÓN.

EXPTE.: 2025/E001/0000002

Visto que mediante Decreto de Alcaldía núm. 132/2025 de data 18/02/2025 se aprobaron a bases que rexen a convocatoria de selección para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación na modalidade de substitución dun axente de emprego e desenvolvemento local, grupo A2, como persoal  funcionario interino.

Visto que tanto a convocatoria como as bases de selección foron obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 36 do 21/02/2025 e a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas.

Visto que en data 1 de setembro de 2025, mediante Decreto da alcaldía núm. 673/2025, foi aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos, que foi publicada no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, concedendo aos interesados un prazo de 5 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Camariñas, para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión das relacións de admitidos e excluídos.

Visto que finalizado o antedito prazo foron presentadas subsanacións ou alegacións de omisión á lista provisional, revisadas as mesmas e de conformidade co disposto na lexislación vixente e nas Bases 5ª e 7ª da convocatoria; tendo en conta as facultades atribuídas a esta Alcaldía polo artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, pola presente,

ACORDO:

Primeiro.- Aprobar a seguinte listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación na modalidade de substitución dun axente de emprego e desenvolvemento local, grupo A2, como persoal  funcionario interino,

Admitidos definitivamente:

NÚM.

APELIDOS E NOME

DNI

CELGA

1

TUDÓ SOUZA, LUCÍA

***1225**

SI

2

CAMPAÑA RODRÍGUEZ, TAMARA

***0153**

SI

3

CABALEIRO GARCÍA, ANA MARÍA

***7455**

NON

4

TEIJEIRO CAL, NOELIA

***4410**

SI

5

LISTA LUACES, Mª ISABEL

***1627**

SI

6

ABELEDO ENRÍQUEZ, RAQUEL

***2661**

SI

7

GÓMEZ GONZÁLEZ, FRANCISCO JAVIER

***8633**

SI

8

CASTRO ROMERO, MARTA

***0468**

SI

9

BLANCO TERNANDE, BELÉN

***1145**

SI

10

PINAL SEOANE, SILVIA MARÍA

***5667**

SI

11

PÉREZ GARCÍA, ANA MARÍA

***2259**

SI

12

GARCÍA MALLO, IRENE

***4325**

SI

13

BAÑA MÉNDEZ, MARÍA ISABEL

***7575**

SI

14

SANTOS TORRADO, LIDIA

***8530**

SI

Excluídos definitivamente:

------------------------------

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñece aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a correspondente resolución. Se nun momento posterior se desprende que non se posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos.

Segundo.- Que o Tribunal se reúna para a súa constitución o día 30 de outubro de 2025, ás 10:30 horas, no salón de actos da “Casa da Pedra”.

Terceiro.- Convocar aos aspirantes admitidos/as para o próximo día 30 de outubro de 2025, ás 11:00 horas, no salón de actos da “Casa da Pedra” (avda. da Coruña, núm. 5 - Camariñas), para a realización das probas da oposición previstas na base 7ª da convocatoria:

  • 1º exercicio: Proba de avaliación de coñecementos
  • 2º exercicio: Coñecemento da lingua galega

Os aspirantes deberán acudir ás probas na hora e data do respectivo chamamento, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedira acudir, salvo casos de forza maior debidamente xustificados que serán libremente apreciados polo tribunal.

Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

Cuarto.- Facer público o presente decreto mediante a súa inserción no taboleiro de anuncios do Concello da Sede Electrónica do Concello de Camariñas.

Quinto.- Dar traslado do presente decreto aos membros do Tribunal Cualificador.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola alcaldesa Sandra Insua Rial ante min, a secretaria, que asino aos únicos efectos de fe pública”.

Camariñas, asinado dixitalmente na data que figura na marxe pola Alcaldesa Dª Sandra Insua Rial.


Justificantes de Publicación: